A Traxectoria da Lingua Galega: Historia, Literatura e Evolución Cultural

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 10,44 KB

Galego na Idade Media

A lingua galega, desde o seu nacemento ata agora, viuse obrigada a compartir espazos con outras linguas, como o latín e o castelán. O contacto de varias linguas nun mesmo lugar chámase bilingüismo social.

Na primeira metade da Idade Media, o latín era a lingua de prestixio e nos ámbitos familiar e coloquial todos falaban galego-portugués. A maioría da poboación falaba galego, agás unha minoría que falaba latín. Nesta época deuse, polo tanto, a diglosia, entendida como a consideración da propia lingua como inferior a outra, xa que se consideraba o galego-portugués como lingua baixa e o latín como alta.

No século XIII, en Galicia, o galego empregábase en todos os contextos e funcións. O predominio político e cultural de Galicia converteu o galego nunha das linguas internacionais da lírica trobadoresca. A partir do século XV, comeza un período de decadencia cuxos acontecementos serían as causas dos Séculos Escuros.

Estes acontecementos foron:

  • A idea de Fernando III de substituír o latín polo castelán en todas as terras.
  • As loitas de sucesión da casa de Trastámara, onde a nobreza galega apoiou o rei perdedor e, como castigo, substituíronse eses nobres por nobreza castelá.
  • Finalmente, a nobreza galega volveu apoiar unha candidatura perdedora.

Os Séculos Escuros (séculos XVI-XVII)

Chámanse así pola situación de marxinación que sufriu o galego e a súa substitución polo castelán. A separación co portugués foi unha causa relevante para a aparición de prexuízos lingüísticos. Tamén influíu o sometemento dunha nobreza estranxeira e allea á cultura e lingua galega, que substituíu a nobreza autóctona derrotada en varias ocasións nas loitas de sucesión.

Implantouse unha situación de diglosia, posicionando o castelán nos ámbitos importantes e formais, xa que era o falado polas clases altas. Mentres, o galego limitábase aos usos orais, coloquiais e familiares, a pesar de ser o empregado pola maioría da poboación. A nosa cidadanía, tras esta distinción social, encheuse de castelanismos. Neste período, destacaron a progresiva dialectalización e fragmentación do idioma, así como a súa utilización en composicións poéticas.

É no século XVIII, coa chegada das ideas ilustradas, cando, grazas a Frei Sarmiento, aparece un novo movemento de defensa do galego. Finalmente, destacou o coñecemento desta lingua entre os funcionarios civís e relixiosos destinados á nosa terra. Tamén destacaron o Padre Sobreira e Feijoo.

O Século XIX: O Rexurdimento

No século XIX produciuse o rexurdimento literario do galego. As ideas do romanticismo favoreceron o desenvolvemento dunha corrente ideolóxica galeguista, cuxos obxectivos fundamentais eran a defensa de Galicia e da súa lingua. A Guerra contra os franceses propiciou o uso do galego nos panfletos.

En 1833 modifícase a organización administrativa, sendo substituída polas catro provincias actuais. No Rexurdimento literario, o galego segue sendo a lingua maioritaria na poboación, composta por campesiños e mariñeiros. Pero o proceso de imposición do castelán vaise estendendo ás clases medias e cidades, debido a que era a única lingua con prestixio social. Isto provoca o bilingüismo asimétrico.

En 1840 xorde o movemento galeguista contra o Estado español. Así, comeza a loita por rescatar o galego. Na evolución do galeguismo hai catro etapas:

  • Provincialismo
  • Nacionalismo
  • Federalismo
  • Rexionalismo

O provincialismo quería facer de Galicia unha única provincia. A prensa converterase en canle de expresión e destacan escritores como Francisco Añón e Xoán Manuel Pintos. O Rexurdimento pleno dáse en 1863 coa publicación de Cantares Gallegos. Neste período asístese ao tránsito cara ao rexionalismo, pero coinciden na concepción de Galicia como rexión diferenciada e no propósito de rexenerar a cultura e a lingua galega.

Linguas na Formación do Galego

A lingua galega procede do latín vulgar. Co paso dos anos, o latín foi evolucionando de xeito diferente nas zonas xeográficas ata que deu lugar ás linguas románicas como o francés. Antes da chegada dos romanos, a Península estaba dividida en cinco zonas. En Gallaecia atopamos a civilización castrexa, que se caracterizaba pola dispersión da súa poboación e por descoñecer a cultura urbana e escrita. De todas formas, o latín substituíu as linguas que se falaban aquí antes da chegada dos romanos.

Primeiro, os pobos indoeuropeos viñeron en diversas vagas migratorias. As linguas destes pobos constitúen o substrato prerromano. O noroeste da Península pasou a ser de dominio romano. Estes consideraban "bárbaras" todas as linguas distintas ao latín, e o coñecemento deste era un requisito para a obtención da cidadanía romana, cos requisitos que isto implicaba. Todo isto provocou a extinción das linguas autóctonas.

Nun terceiro momento apareceron as linguas de superestrato: o xermánico e o árabe. Tras a caída do Imperio Romano e a invasión dos bárbaros, os suevos estableceron a súa monarquía na antiga provincia romana de Gallaecia. A influencia directa das linguas xermánicas na formación do galego foi superficial. A invasión árabe supuxo o fin do reino visigodo. Os árabes estableceron na maioría do territorio a súa cultura e lingua, pero en Gallaecia non se instalaron.

Finalmente, deuse o adstrato, que se produce cando dúas linguas, despois de convivir nun mesmo territorio, pasan a vivir en lugares veciños. Un exemplo é o mozárabe ou o galego-portugués.

As Cantigas de Escarnio

Son as máis importantes desde o punto de vista lingüístico, son as máis variadas e entretidas. Teñen a súa orixe no sirventés provenzal.

Temas

  • As soldadeiras, por exercer a prostitución;
  • Os infanzóns, por conspirar contra o herdeiro;
  • Sátira política: a covardía dos cabaleiros de Granda e a ascensión ao trono de Afonso III en contra do rei lexítimo de Portugal;
  • Falta de castidade nos mosteiros e entre a xente da Igrexa;
  • Críticas a calvos, homosexuais, etc.;
  • Crítica social, onde se denuncia o afán de riquezas e a falta de verdades.

Características

  • A primeira estrofa ten un papel introdutorio;
  • A maior parte delas presentan o esquema: enunciación, paralelismo narrativo coa primeira estrofa, glosa irónica;
  • Os trobadores e xograres non se detiveron á hora de botar man dun léxico explícito para levar adiante as súas burlas;
  • Pretendíase producir o riso nos oíntes;
  • Composicións de carácter internacional;
  • Reflicten a moralidade dominante da época.

Xéneros Menores

Tenzón

  • Subxénero de carácter dialogado, elaborado simetricamente por dous trobadores.

Rosalía de Castro: Cantares Gallegos

Marca o inicio do Rexurdimento. Converteuse nunha obra clave para o reencontro da identidade e a demostración do galego como lingua literaria.

Estrutura

  • O primeiro e último poema están postos en boca dunha mociña aldeá, a quen a autora lle pide que cante en galego.
  • Nos seguintes poemas, Rosalía cede a palabra a diferentes tipos populares.

Temática

Costumista

A través das vivencias de personaxes populares. A vida cotiá adquire relevancia a través de retratos de tipos fundamentalmente femininos e dignificados na súa ideoloxía, e das estampas populares como as romarías.

Amorosa

Nestes poemas expóñense as queixas dos namorados, os resentimentos, as separacións, etc.

Social

Con temas como a emigración, a miseria, a marxinación que sofren os galegos ou a incomprensión dos casteláns cara a Galicia.

Intimista

A visión pesimista do amor, o tema da dor e da saudade, etc.

Recursos Estilísticos e Métricos

A súa forma é sinxela e os seus recursos son populares. Abundan as comparacións, as metáforas, os paralelismos, as repeticións, etc.

Eduardo Pondal: Queixumes dos Pinos

Temas

O Celtismo

Pondal foi un decidido defensor do carácter celta de Galicia. O celtismo constitúe un apartado decisivo no seu mundo poético. Non obstante, os datos acerca desa celtidade eran escasos; tan só o personaxe Breogán aparecía documentado.

O Bardismo

O bardo é o poeta, o visionario, cuxo obxectivo é guiar e instruír o pobo. Esta labor non sempre é grata; ás veces é vítima da incomprensión.

A Natureza

A voz da natureza é outro aspecto fundamental da súa lírica. A través da paisaxe, o poeta utiliza elementos de carácter simbólico.

A Virilidade

Nos seus versos atopamos un aprecio por todos aqueles elementos que se refiran á virilidade, á enerxía, etc., identificados co compoñente masculino. Pola contra, todo o que resulta débil, feble, doce, etc., é obxecto de desconsideración.

O Helenismo

Como consecuencia do desenvolvemento dun mundo épico no que, tradicionalmente, a muller ocupou un papel claramente secundario, xorden referencias helenísticas, como a visión da muller.

Curros Enríquez

Obras Destacadas

  • Unha voda en Einibó
  • A Virxe do Cristal
  • O gueiteiro
  • Divino Sainete
  • Aires da miña Terra

Temas

  • Curros cría con firmeza na función social do poeta.
  • Aposta decidida polo progreso material.
  • Actitude anticlerical.
  • Temática costumista e intimista.

Fenómenos Lingüísticos

Castelanismos

  • Fónico
  • Morfolóxico (pronomes, verbos, conxuncións)
  • Léxico (palabras)
  • Ortográfico

Hipergaleguismos

  • Exemplo: primavera - primaveira

Arcaísmos

  • Desuso

Vulgarismos

  • Adición: Protese, Epéntese, Paragoxe
  • Supresión: Aférese, Síncopa, Apócope
  • Vacilación vocálica

Dialectalismos

Uso de "Ca" / "Coma"

  • Segundo termo da comparación co pronome persoal
  • Condicional con "se"
  • Substantiva con "se"
  • Temporal con "cando"
  • Infinitivo

Uso de "Do que" / "Como"

  • Segundo termo da comparación co verbo expreso

Entradas relacionadas: