A Vangarda Galega: Creacionismo de Manuel Antonio e Outras Correntes Poéticas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 4,9 KB
A Vangarda Plena na Literatura Galega
En Galicia cultiváronse diversas orientacións vangardistas, destacando as seguintes:
O Creacionismo: Manuel Antonio e a Ruptura Poética
O Creacionismo postula que o poeta crese unha especie de Deus para crear imaxes autónomas, difíciles de asociar con elementos reais. Esta corrente foi cultivada sobre todo polo poeta Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930), o máis rupturista e abertamente vangardista de todos os poetas galegos.
O Creacionismo propón unha ruptura absoluta cos temas e coas formas anteriormente cultivadas; o poema debe ser unha sucesión de imaxes novidosas e orixinais que se van creando unha tras outra. Rompe co ritmo, coa rima, coa estrofa e mesmo coa lóxica gramatical.
Manuel Antonio foi mariñeiro de profesión e unha persoa moi cultivada e atenta ás propostas vangardistas que se facían en Europa. Consultou frecuentemente con Vicente Risco para estar ao día en todo tipo de publicacións europeas de vangarda. En 1922 deu a coñecer o seu manifesto ¡Máis alá!, onde critica os escritores que seguen imitando os modelos dos mestres do século XIX, e tamén aos que publican a súa literatura en castelán, en especial Valle-Inclán. Radicalmente nacionalista, toda a súa produción está escrita en galego.
De catro a catro: A Obra Cume de Manuel Antonio
A súa obra máis destacada é o poemario De catro a catro (1928), que é unha crónica, en 19 poemas, da navegación —exterior pero tamén interior— do poeta nunha longa viaxe mariña transoceánica. Comeza co poema "Intencións" e remata con "Adeus". A maior parte do poemario son estampas e reflexións captadas durante a longa e monótona navegación. As imaxes desta obra e o seu léxico rompedor sitúana á cabeza da poesía vangardista da súa época.
Outros poemarios vangardistas de Manuel Antonio, todos eles póstumos aínda que escritos entre 1922 e 1928, inclúen:
- Con anacos do meu interior
- Foulas
- Sempre e máis despois
- Viladomar
Características Poéticas de De catro a catro
De catro a catro é unha profunda reflexión existencial: o barco de Manuel Antonio non navega, senón que permanece parado no medio da inmensidade. Todo é estático; a existencia é unha monotonía interminable na que non hai novos horizontes e non paga a pena emprender unha travesía. Cada poema é unha sucesión de imaxes vangardistas, suxeridas polo mar e o ceo, un mar novo que o lector ten que interpretar.
Algunhas das características da súa poética inclúen:
- Ruptura temática coa literatura galega anterior.
- Os poemas non teñen un argumento claro e fácil, senón que son unha sucesión de imaxes autónomas, creadas polo autor e difíciles de vincular coa realidade.
- É un poemario do mar, presente en todos os poemas.
- Todos os poemas transcorren no mar, agás o primeiro ("Intencións") e o último ("Adeus"). Outros poemas que non transcorren no mar son "Enterro", un nun bar (Navy Bar), e Recalada.
- En todos os poemas está presente un sentido existencial da vida.
- En canto á forma, son moi coñecidos o uso de símbolos (mar, vida, barco, poeta, ronsel, pasado, vento, dinamismo, paso do tempo).
- Usa frecuentemente estranxeirismos, anglicismos e palabras de campos semánticos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
- Utiliza fórmulas químicas, código Morse e siglas.
- Non hai división estrófica, non hai rimas nin ritmo, versos heterosilábicos, disposición tipográfica irregular dos versos, ausencia de puntuación ou puntuación estraña e espazos en branco entre palabras e versos.
Outras Correntes Vangardistas: Álvaro Cunqueiro
Álvaro Cunqueiro tamén cultivou outras orientacións da vangarda:
- O Cubismo: Presente no libro Mar ao norde (1932), formado por breves poemas nos que o mar é sempre o motivo central.
- O Surrealismo: É o tipo de imaxes que predominan no libro Poemas do si e non (1933), unha obra que relata unha historia de amor e erotismo.
Características da Prosa de Rafael Dieste
A prosa de Rafael Dieste presenta as seguintes características:
- Prosa con moitas influencias do relato oral (frases curtas, apelación aos oíntes, narración en primeira persoa, historias encaixadas dentro doutras historias…).
- Descricións pormenorizadas dos personaxes.
- Utiliza personaxes galegos e ambientes mariñeiros, personaxes cheos de dignidade como os de Castelao.
- Todas as súas historias son breves, envoltas nunha atmosfera de misterio onde o mundo real se mestura co marabilloso.
- Os finais adoitan ser abertos e sorprendentes.