Vocabulario Esencial de Arquitectura e Arte Sacra

Clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 4,31 KB

Vocabulario Fundamental de Arquitectura e Arte Sacra

Explora os termos esenciais da arquitectura e a arte, especialmente aqueles relacionados coas construcións relixiosas e os seus elementos distintivos.

Elementos Estruturais e Cubertas

Bóveda
Estrutura de cachotería ou fábrica de forma arqueada que serve para cubrir un espazo entre muros, piares ou columnas. Moi apropiada para cubrir espazos arquitectónicos amplos.
Bóveda de aresta
Cuberta arqueada, normalmente de pedra, que se forma ao cruzar de forma perpendicular dúas bóvedas de canón; resultando dese cruce catro arestas angulares.
Bóveda de canón
Cuberta semicilíndrica, normalmente de pedra, que ten como sección un arco de medio punto e está orixinada polo desprazamento deste sobre soportes paralelos ao longo dun eixo lonxitudinal.
Bóveda de cruzaría
Cuberta abovedada que se forma polo cruce (clave) en aspa de arcos ou nervios estruturais sobre os que se apoia a cuberta propiamente dita, ou plementería, con función de recheo.
Contraforte
Engadido exterior de pedra, en vertical, groso e a modo de pilastra, que serve para reforzar o muro e para contrarrestar os empuxes das bóvedas, cubertas e arcos.
Trompa
Bovediñas semicónicas co vértice no ángulo dos muros e a parte ancha fóra, en saliente, serve para transformar unha planta cadrada nun octógono e sóese usar para sustentar a bóveda semiesférica que se levanta sobre unha base poligonal.

Espazos e Elementos Interiores

Ciborio
Construción elevada sobre o cruceiro dunha igrexa, en forma de torre de planta cilíndrica ou poligonal (cadrada, octogonal...), que encerra no seu interior unha cúpula e que pode ir rematado por un chapitel (bulboso, cónico, piramidal).
Deambulatorio
Corredor que rodea a parte traseira do presbiterio (ou altar maior). Adoita ser prolongación das naves laterais nas igrexas de tres naves. Tamén chamado xirola.
Parteluz
Elemento vertical, en forma de columna ou piar, que divide a anchura ou luz dun vano (fiestra ou porta).
Presbiterio
Espazo na cabeceira das igrexas que circunda o altar maior ou o antecede, normalmente separado da nave por unhas gradas ou unha cancela. Resérvase aos sacerdotes.
Rosetón
Vano circular calado con decoración de tracería e ás veces pechado con vidreiras de cores.
Tímpano
Espazo delimitado polo tellado a dúas augas (frontón) nos templos clásicos. Na arte medieval é o espazo comprendido entre o lintel e as arquivoltas nas portadas das igrexas.
Tribuna
Galería sobre a nave lateral e da súa mesma anchura que se abre á nave central dun templo e onde poden acomodarse os fieis.
Triforio
Pequeno pasadizo de circulación aberto en ventanais de carácter ornamental por riba das arcadas das naves.

Tipos de Plantas Arquitectónicas

Plano ou Planta
Debuxo arquitectónico dunha obra representada en sección horizontal.
Planta basilical
Planta lonxitudinal de forma rectangular, dividida en tres naves, a central máis alta que as laterais, separadas por columnas ou piares e rematadas nunha ou máis ábsidas.
Planta central
Planta na que os muros exteriores equidistan dun punto central. Adopta as formas circulares, poligonais e de cruz grega.
Planta de cruz grega
Planta centralizada en forma de cruz e cos catro brazos da mesma lonxitude.
Planta de cruz latina
Planta lonxitudinal en forma de cruz cun travesaño máis curto que o outro. O brazo menor denomínase transepto e o lugar no que ambos se cruzan é o cruceiro.

Conceptos de Arte e Iconografía

Iconografía
Estudo da orixe, formación e desenvolvemento dos temas figurativos e dos atributos cos que estes poden identificarse e dos que usualmente van acompañados.

Entradas relacionadas: