Vocabulario Esencial de Arte Gótica e Barroca: 10 Termos Clave

Clasificado en Arte y Humanidades

Escrito el en español con un tamaño de 2,52 KB

Contexto Histórico e Arquitectónico

A Catedral de Reims e o Gótico Setentrional

IDENTIFICACIÓN: Trátase do exterior da Catedral de Reims, obra pertencente á Arquitectura Gótica e dentro dela á variante denominada Gótico Setentrional ou Francés, que é a que mellor representa este estilo arquitectónico. Cronoloxicamente sitúase no século XIII, o de máximo apoxeo da Arte Gótica.

Glosario de Termos Fundamentais en Arte

  1. Aparello Almofadado

    Tipo de acabado exterior que labra a cara vista da pedra, fundindo as xuntas para darlle vistosidade.

  2. Arco Rebaixado

    O que ten unha forma aplanada e a súa curvatura é menor á media circunferencia, cuxo centro estaría por debaixo das impostas. Ten dous tipos: escarzano e carpanel.

  3. Baptisterio

    Edificio onde está a pila bautismal, igrexas adicadas a administrar o bautismo. Adoitan adicarse a San Xoán Bautista, típicos da arquitectura italiana, onde era costume bautizar a todos os nenos nados no ano o mesmo día.

  4. Claroscuro

    Distribución dos valores de tons da cor dunha pintura, cuxo emprego permite a sensación de profundidade, tridimensionalidade e ata efectos expresivos ou dramáticos.

  5. Cor Complementaria

    Cores que, mesturadas, dan branco ou negro, opostas no círculo cromático.

  6. Columna Salomónica

    Con fuste helicoidal usada na arquitectura barroca. O nome vén pola crenza de que as columnas do Templo de Salomón en Xerusalén foran así.

  7. Cadro de Historia

    O que representa temas históricos, mitolóxicos, literarios e acontecementos contemporáneos, moi populares no século XIX.

  8. Cadro de Xénero

    O que representa escenas típicas da vida cotiá de clases sociais, sobre todo populares. Xorde en Holanda no século XVII e foise estendendo por Europa, sobre todo a Francia e España.

  9. Cúpula

    Elemento arquitectónico con forma semiesférica usado para cubrir espazos circulares, cadrados ou poligonais. A transición de planta cadrada a circular faise coas trompas ou pechinas.

  10. Esfumado (Sfumato)

    Efecto vaporoso resultante da superposición de varias capas de pintura moi vaporosas, sen transicións bruscas de cor, proporcionando á composición contornos imprecisos e aspecto difuminado de vaguedade e lonxanía. Usado no Renacemento.

Entradas relacionadas: