Vocabulario Esencial de Movementos Obreiros e Ideoloxías Modernas
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en español con un tamaño de 2,83 KB
Dicionario de Termos Históricos e Políticos: Séculos XIX e XX
Combination Laws
Lexislación resultante do medo producido polos acontecementos ocorridos durante a Revolución Francesa, que prohibía as asociacións obreiras no Reino Unido.
Sindicalismo
Sistema de organización de traballo para a defensa dos intereses laborais dos traballadores no século XIX.
Mitin
Reunión con fins políticos na que líderes sindicais ou políticos dirixen a palabra aos seus afiliados ou seguidores.
Ludismo
Movemento clandestino que organizaba motíns para destruír as máquinas, considerado unha das primeiras formas de protesta obreira contra a industrialización.
Cartismo
Movemento de masas de carácter político que reclamaba dereitos como o sufraxio universal, a retribución económica para os parlamentarios ou xornadas de 8 horas.
Trade Union
Nome co que se coñecen os sindicatos obreiros no Reino Unido, orixinados no século XIX.
Marxismo
Sistema filosófico, político e económico elaborado por Karl Marx. Dado a coñecer no Manifesto Comunista (1848), rexeita o capitalismo e defende unha sociedade sen clases e sen Estado. Defendía a conquista violenta do poder por parte do proletariado e a implantación dunha ditadura do proletariado. Foi a base ideolóxica dunha parte dos movementos revolucionarios da segunda metade do século XIX e do século XX, expandíndose notablemente tras a Revolución Rusa de 1917.
Anarquismo
Sistema filosófico e teoría política que defende a ausencia de goberno. A palabra ten a súa orixe do grego 'sen goberno' ou 'sen poder'. O principal teorizador foi Bakunin, que defendía a rebelión espontánea contra a sociedade capitalista e contra o Estado. A diferenza do marxismo é que o seu obxectivo non era a conquista do Estado, senón a súa destrución total.
Revisionismo
Tendencia do socialismo durante o século XIX. Foi defendida polo socialdemócrata Eduard Bernstein, quen criticaba abertamente a doutrina de Marx. Cría que a inxección ao socialismo era posible grazas á intervención dos socialistas no sistema político democrático e liberal, usando como principal arma o sufraxio universal. Pensaba que o socialismo non se imporía pola violencia, senón a través de reformas democráticas.
Aculturación
Proceso polo que un grupo humano impón os seus fundamentos culturais a outra comunidade, resultando nunha modificación das culturas orixinais.
Bóxers
Nome co que se coñecen os membros da Sociedade do Puño Pechado, unha organización de carácter nacionalista chinesa que mostraba fortes tendencias xenófobas e antioccidentais a finais do século XIX e principios do XX.