Vultos da Literatura Galega: Eduardo Pondal e Manuel Curros Enríquez
Clasificado en Griego
Escrito el en español con un tamaño de 3,96 KB
Eduardo Pondal: O Bardo de Bergantiños
Biografía
Eduardo Pondal (Ponteceso, 1835 - A Coruña, 1917) naceu en Ponteceso no seio dunha familia fidalga. A vila natal e a comarca de Bergantiños foron o marco espacial dun mundo mítico. Estudou o bacharelato en Compostela e participou nas actividades do Liceo da Xuventude, onde recoñeceu a mocidade galeguista. En 1860, rematou a carreira de Medicina e marchou a Ferrol para exercer a súa profesión, que abandonou axiña para retornar á casa familiar e dedicarse por enteiro á literatura. Pasaba longas tempadas na Coruña e asistía ás tertulias da Cova Céltica, grupo formado por intelectuais interesados por Galicia e a súa cultura, defensores da orixe celta do noso pobo, como Manuel Murguía, Rosalía de Castro, Sofía Casanova e Lugrís Freire. Morreu nun hostal da Coruña en 1917 e foi enterrado no cemiterio de Santo Amaro.
Obra Literaria
A súa primeira obra publicada foi o poema A Campana de Anllóns en 1858, incluído no Álbum de la Caridad en 1862. En 1886, publicou Queixumes dos Pinos, que reelabora un poemario anterior bilingüe galego-castelán, Rumores de los Pinos (1877). Ao longo da súa vida, traballou nun longo poema épico, Os Eoas, que canta o descubrimento de América por Colón. O poema, inacabado, permaneceu inédito ata o 2005. Queixumes dos Pinos é a súa obra máis coñecida e consta de noventa e un poemas. As súas liñas temáticas son:
- Poesía épico-lírica
- Celtismo
- Helenismo
- Poesía lírica: a natureza e a muller
Pondal, ademais, pretendeu converter o galego nunha lingua literaria culta.
Manuel Curros Enríquez: A Voz Social do Rexurdimento
Biografía
Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851 - A Habana, 1908) naceu en Celanova e alí pasou toda a súa infancia. Aos quince anos, trasladouse a Madrid para estudar bacharelato e posteriormente comezou a carreira de Dereito, que non rematou. Iniciou a súa actividade como xornalista na prensa progresista, amosando o seu compromiso político de carácter republicano liberal, e participou na Revolución de 1868 que rematou co reinado de Isabel II. Escribiu o seu primeiro poema en lingua galega, Cantiga, en 1871. Deuse a coñecer como poeta ao gañar en Ourense un premio literario coas composicións A Virxe de Cristal, O Gueiteiro e Unha Boda en Einibo. Regresou a Galicia para traballar como funcionario na Delegación de Facenda de Ourense, mentres ía escribindo os poemas de Aires da miña Terra, que se publicaron en 1880. O Bispo de Ourense considerou que algúns poemas eran ofensivos para a fe católica e excomungouno e denunciouno ante a xustiza. Foi condenado a dous anos de cárcere e a pagar unha multa, pero a sentenza foi revogada pola Audiencia da Coruña e saíu absolto, aínda que perdeu o seu traballo en Facenda. Regresou a Madrid en 1883 para continuar coas súas actividades xornalísticas. En 1894, emigrou a Cuba, onde colaborou en varios xornais e participou na creación da Real Academia Galega. Morreu na Habana en 1908. Os seus restos, a petición da Real Academia Galega e por iniciativa de Manuel Murguía, foron trasladados e enterrados na Coruña nun multitudinario homenaxe póstumo.
Obra Literaria
A súa obra literaria consta de dous libros: o poemario Aires da miña Terra (1880) e o poema narrativo O Divino Sainete (1888). Tamén é autor de numerosos artigos xornalísticos.
Aires da miña Terra (1880)
A temática social inclúe:
- Poesía social ou cívica
- Poesía costumista
- Poesía intimista
O Divino Sainete (1888)
É un longo poema narrativo de temática satírica e social, composto por 512 versos.