Xéneros da Poesía Trobadoresca Galego-Portuguesa
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en
español con un tamaño de 3,01 KB
Cantiga de Amigo
Composición creada por un home que pon en beizos dunha moza unha expresión de alegría ou unha coita dirixidas ao seu amado. A palabra 'amigo' refírese ao namorado. Moitas veces a protagonista diríxese a un interlocutor determinado ou a elementos da natureza; ás veces a confidente é unha amiga, incluso a nai.
Campos Sémicos da Cantiga de Amigo:
- Panexírico: Canto que fai a protagonista da súa beleza ou da excelencia poética do seu amigo.
- Amor correspondido e o insatisfeito: As dúas caras da situación amorosa entre a moza e o seu amigo; a moza expresa ledicia ou coita en función da relación.
- A prohibición: Imposibilidade do encontro dos namorados.
Cantiga de Amor
O poeta diríxese á dama mediante a palabra 'senhor', para requerirlle o seu amor ou expresarlle unha queixa pola súa indiferenza e distancia. A palabra 'senhor' é un distintivo de xénero e case sempre vai nos versos iniciais, igual que nas de amigo. Ten a voz masculina; o destinatario directo acostuma ser a dama ('senhor'), pero algunhas veces diríxese a un auditorio indeterminado, a uns amigos, a Deus ou ao Amor como ente responsable do seu namoramento.
Campos Sémicos da Cantiga de Amor:
- Loanza da dama: Eloxio da beleza física (caracterización abstracta) e eloxio da beleza moral (calidades como a bondade, a intelixencia ou a educación).
- Amor do poeta: Manifestase a través de breves enunciados ao longo da composición.
- Campo sémico da reserva da dama: Ofrece estas realizacións: o segredo, a prudencia e a discreción; a prohibición de a velar ou de falarlle imposta pola dama ao poeta; o rexeitamento, a despreocupación e a indiferenza.
- A coita de amor: Gran coherencia e unidade. Diferentes graos de sufrimento por amor: pranto, loucura ou morte de amor.
Cantiga de Escarnio e Maldizer
Os trobadores fan querendo dicir mal de alguén. A súa temática é variada: covardía dalgúns nobres na guerra; vicios e costumes; diferentes tipos sociais como as infanzóns; ataques entre poetas...
As de escarnio son unha sátira encuberta e empréganse os dobres sentidos ou a ironía, e as de maldizer é un ataque directo cunha linguaxe clara e sen ironía. As palabras chámanlle ás cousas polo seu nome.
Campos Sémicos da Cantiga de Escarnio e Maldizer:
- Aldraxe: Articulase en diferentes series léxicas: afronta, litixio e rifa, castigo...
- O alimentario: Ridiculiza a miseria e avaricia que presiden a mesa dalgúns tipos sociais.
- A polémica social: Un dos campos sémicos máis complexos e articulados da poesía satírica.
- O obsceno: Definido polos órganos sexuais e as prácticas eróticas.