Xeoloxía da Terra: Formación de Rochas e Dinámica das Placas Tectónicas
Clasificado en Geología
Escrito el en español con un tamaño de 3,3 KB
Rochas: Clasificación e Formación
Segundo a súa orixe, as rochas pódense clasificar en internas e externas.
Proceso de Formación de Rochas Externas
Na superficie terrestre, a meteorización e o transporte das rochas causan erosión. Os sedimentos, tras depositarse e consolidarse en condicións de presión e temperatura superficiais, transfórmanse en rochas sedimentarias, que poden ser:
- Detríticas: como o conglomerado, o arenito ou a arxila.
- Evaporíticas: como o xeso.
- De bioprecipitación: como a calcaria.
- Orgánicas: como o carbón e o petróleo.
Proceso de Formación das Rochas Internas
Rochas Metamórficas
Se unha rocha preexistente é sometida a un gran incremento de presión ou temperatura, pero sen chegar a fundirse, prodúcense cambios estruturais e mineralóxicos, formándose así as rochas metamórficas, como a lousa, o mármore, a cuarcita ou o gneis.
Rochas Ígneas
Cando a temperatura aumenta ou a presión diminúe, os minerais que constitúen a rocha pódense fundir, formando o magma que pode orixinarse na base do manto, nas dorsais e en zonas de subdución. Ao arrefriar, o magma pode formar:
- Rochas ígneas volcánicas: Se o ascenso e o arrefriamento son rápidos e non se produce unha boa cristalización dos minerais, como o basalto.
- Rochas ígneas plutónicas: Se hai un arrefriamento lento en profundidade e se produce unha boa cristalización dos minerais, como o granito.
Placas Tectónicas: Dinámica e Fenómenos
No fondo oceánico prodúcese unha gran actividade sísmica localizada nas dorsais e nas fosas oceánicas, que son os límites das placas litosféricas. Estas placas están en movemento e interaccionan entre si. O modelo que explica todas estas interrogantes denomínase tectónica de placas.
Que Ocorre nas Dorsais Oceánicas?
O feito de que non existan rochas moi antigas nos océanos, e a simetría na distribución das idades a partir das dorsais, suxire que un material ígneo (basaltos) xorde do manto e forma novo fondo oceánico, desprazando o antigo, coñécese como expansión do fondo oceánico.
Que Ocorre co Antigo Fondo Oceánico?
A ausencia de rochas moi antigas no fondo oceánico, unida á distribución dos focos sísmicos nas fosas, suxire que a litosfera oceánica se introduce no manto. Denomínase subdución, e nela fórmanse cordilleiras como os Andes.
Como se Formou o Himalaia?
Se un continente, como era a India no pasado, converxe con outro, Asia, ao seren as rochas do continente menos densas, non subducen (non se introducen no manto) e os continentes "sóldanse", formando unha cordilleira.
Placas que Nin se Separan Nin Converxen
As dorsais están atravesadas por múltiples fracturas, denominadas fallas transformantes, nas que as placas escorregan en paralelo, xerando terremotos.