Xeomorfoloxía de Galicia: Formación de Relevos Graníticos e Calcarios (Karst)

Clasificado en Geología

Escrito el en español con un tamaño de 2,83 KB

Procesos Xeomorfolóxicos e Formas de Relevo Característicos

O Relevo Granítico: Meteorización e Formación de Bólas

Se a alteración se produce a partir dunha rede de diáclases perpendiculares, fórmanse bólas graníticas. Estas poden quedar amoreadas unhas sobre outras formando barrocais, nos que son típicos:

  • Os tores (amoreamentos de bólas graníticas).
  • As rochas cabaleiras (bólas graníticas situadas de forma natural en equilibrio sobre unha das súas superficies máis pequenas).

Outras veces, as bólas dispóñense de forma caprichosa nas ladeiras ou ao pé das montañas, dando lugar ao caos granítico.

O Relevo Calcario (Cárstico): Orixe e Morfoloxía

A área calcárea está formada por sedimentos da Era Secundaria pregados durante a Era Terciaria. Os terreos calcarios forman unha “Z” invertida que se estende polos Prepirineos, os Montes Vascos, o sector oriental da Cordilleira Cantábrica, o Sistema Ibérico, parte da Cordilleira Costeira Catalana, e a Cordilleira Subbética.

A Calcaria: Composición e Disolución

A rocha predominante é a calcaria, que é unha rocha sedimentaria, é dicir, formada no exterior da Terra a partir de fragmentos de rochas ou organismos preexistentes, depositados despois de ser transportados polos ríos, océanos, o vento ou o xeo. Está constituída esencialmente por carbonato cálcico e trátase dunha rocha dura que se fractura formando fisuras ou diáclases, pero que se disolve facilmente coa auga da chuvia, sobre todo a través das diáclases.

Formas Caracterísiticas do Relevo Cárstico

A disolución da calcaria orixina un relevo complexo, o relevo cárstico, que ten as seguintes formas características:

Lapiás ou Lenares
Sucos abertos polas augas de escorrentía sobre as vertentes ou sobre superficies chás con fisuras.
Gargantas ou Foces
Vales estreitos e profundos, enmarcados por vertentes abruptas, causadas polos ríos.
Poljes
Depresións ou vales pechados de fondo horizontal percorridos total ou parcialmente por correntes de auga, que desaparecen subitamente por un sumidoiro ou ponor e continúan circulando subteraneamente. O polje pode inundarse de forma temporal ou permanente transformándose nun lago.
Dolinas ou Torcas
Cavidades que se orixinan nos lugares onde a auga se estanca. Poden ter formas diversas e unirse a outras cavidades próximas, creando depresións de trazado complicado denominadas uvalas.

Entradas relacionadas: