Xestión de Riscos Naturais e Xeolóxicos: Factores, Predición e Vulnerabilidade

Clasificado en Otras lenguas extranjeras

Escrito el en español con un tamaño de 3,22 KB

Clasificación e Tipoloxías dos Riscos

Inclúe guerras, accidentes, velenos químicos, así como:

  • Impactos Ambientais: Alteracións do medio por actividades humanas.
  • Inducidos ou Mixtos: Son o resultado da potenciación ou intensificación dos riscos naturais por actividades humanas. A causa primaria do risco é natural, pero a actividade humana potencia as causas e aumenta a frecuencia de aparición, agravando os danos e consecuencias (vulnerabilidade).

Factores de Risco

  1. Perigosidade (P)

    É a probabilidade de que un suceso prexudicial aconteza nun determinado período de tempo. Inclúe tres aspectos:

    • Severidade: Mide a magnitude ou gravidade do fenómeno.
    • Distribución Xeográfica.
    • Periodicidade ou Tempo de Retorno: É a frecuencia con que se repite o suceso, determinada mediante o rexistro histórico.
  2. Exposición (E) ou Valor

    Número de persoas ou bens sometidos a un risco. Pode ser:

    • Exposición Social: Poboación potencialmente afectada.
    • Exposición Económica: Os bens materiais.
    • Exposición Ecolóxica: Ecosistemas, fauna e flora.
  3. Vulnerabilidade (V)

    Refírese á porcentaxe de perdas humanas, materiais e ecolóxicas do total exposto. Depende dos outros dous factores e do desenvolvemento económico. Así, calculouse que as catástrofes producen seis veces máis vítimas en países pobres que en ricos.

Planificación de Riscos

A planificación consiste en elaborar medidas para facer fronte aos riscos. Son medidas de predición e prevención-corrección.

A Predición

A predición é "anunciar con anticipación", na medida do posible, onde vai acontecer o suceso, cando e con que magnitude. Baséase en:

  • Establecer redes de observación e vixilancia.
  • Elaborar mapas de risco a partir de datos históricos.
  • Estudar os precursores, que son indicios ou fenómenos indicativos de que vai acontecer un suceso.

Riscos Naturais

Riscos Xeolóxicos

Xorden da interacción entre procesos xeolóxicos e actividades humanas. Son procesos xeolóxicos que de forma natural ou inducida poden ocasionar danos ás persoas e aos seus bens. As medidas de predición e prevención baséanse en criterios xeolóxicos.

Subdivisións dos Riscos Xeolóxicos

  1. Xeolóxicos Internos:
    • Risco sísmico.
    • Risco volcánico.
    • Outros.
  2. Xeolóxicos Externos:
    • Riscos climáticos ou meteorolóxicos.
    • Riscos erosivos (procesos gravitacionais de ladeira como aludes ou desprendementos, erosión do solo, afundimentos).

Risco Volcánico (Xeolóxicos Internos)

Os volcáns son unha manifestación da enerxía xeotérmica porque constitúen fracturas polas que sae magma ao exterior. Son un risco que causa morte e destrución.

Entradas relacionadas: