Xestión Técnica do Lume: Queimas Prescritas e Estratexias de Prevención en Galicia

Clasificado en Otras materias

Escrito el en español con un tamaño de 15,59 KB

Queimas Prescritas: Contexto e Necesidade

O uso do lume como ferramenta agrícola e gandeira forma parte da tradición cultural da poboación galega, pero o abandono do rural fai que se acumule o combustible.

A prevención de incendios é un dos principais motivos do uso do lume no rural, ademais de ser unha práctica estendida con outros obxectivos relacionados, como é a redución da carga de combustible e a creación de descontinuidades nas masas forestais.

Normativa Aplicable

  • A Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia.
  • O Decreto 105/2006, do 22 de xuño, polo que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, a protección dos asentamentos no medio rural e a regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais.
  • O Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.
  • O Plan de Defensa contra Incendios Forestais da comunidade autónoma de Galicia (PLADIGA).

Definicións Clave

Conceptos Operativos

  • Área de continxencia: Zona adxacente á área de queima onde o lume pode evolucionar sen ser considerado incendio, definida no Plan de Queima.

Equipos de Traballo

  • Equipo de control: Persoal cualificado responsable de supervisar o lume.
  • Equipo de ignición: Encárgase de iniciar e dirixir o lume segundo o plan.
  • Equipo de remate, liquidación e vixilancia: Finaliza e supervisa a queima para evitar riscos posteriores.

Liñas de Control

  • Liña base: Punto inicial da ignición.
  • Liña perimetral: Barreiras cortalumes naturais ou artificiais.

Lumes Segundo a Propagación

  • Lume a favor: Avanza co vento, pendente ou combustible (máis intenso).
  • Lume en contra: Avanza contra os factores principais de propagación (máis lento).
  • Lume de flancos: Avanza de forma perpendicular á dirección principal.

Tipos de Queimas

  • Queima controlada: Uso do lume para xestionar a biomasa baixo supervisión técnica.
  • Queima prescrita: Aplicación técnica do lume con parámetros meteorolóxicos e de intensidade específicos.
  • Tipos de queimas: Queima a favor, en contra, de flancos e continxencia.

Outros Conceptos Técnicos

  • Plan de queima: Documento que detalla a planificación e execución da queima.
  • Test de queima: Proba previa para avaliar o comportamento do lume.
  • Ventá de prescrición: Intervalo de condicións aceptables para a queima.
  • Técnica de ignición: Estratexia para aplicar o lume (ex.: Chevron, por puntos).

Persoal Clave

  • Xefe/a de queima: Persoa cualificada que coordina e supervisa todo o proceso.
  • Responsables de control e ignición: Encargados de liderar os equipos correspondentes.

Outros Termos

  • Humus: Capa de materia orgánica en descomposición no solo.
  • Intensidade de lume: Enerxía liberada durante a queima.

Obxectivos das Queimas Prescritas

  • Redución de combustible: Previr grandes incendios forestais mediante queimas en zonas críticas ou estratéxicas.
  • Protección de núcleos de poboación: Eliminar combustible en franxas de seguridade para protexer bens e instalacións non forestais.
  • Protección de áreas de interese: Salvagardar zonas de valor especial onde outros métodos non son eficaces.
  • Protección de masas arboradas: Realizar queimas baixo arborado ou en franxas de seguridade para preservar os bosques.
  • Rexeneración de pastos: Mellorar pastos para aumentar o alimento dispoñible para o gando.
  • Control sanitario: Combater pragas e enfermidades mediante o lume.
  • Mellora de hábitats cinexéticos: Favorecer a fauna cinexética mellorando os recursos dispoñibles.

Clasificación Segundo a Severidade das Queimas Prescritas

Queimas Lixeiras ou Suaves

  • O humus queda chamuscado pero non eliminado.
  • Os restos leñosos e orgánicos están parcialmente queimados.
  • Temperaturas na superficie do solo mineral inferiores a 200 °C.

Queimas Moderadas

  • O humus e os restos foron parcialmente consumidos, cunha gran cantidade de carbón residual.
  • O solo mineral non muda apreciablemente de cor.
  • Temperaturas na superficie do solo entre 200 e 400 °C.

Queimas Severas

  • O humus desaparece completamente, deixando unha capa de cinza sobre o solo mineral.
  • Temperaturas na superficie do solo mineral entre 400 e 500 °C.

Queimas Moi Severas

  • O solo mineral muda significativamente de cor, tornándose avermellado e ennegrecido nos seus primeiros centímetros.
  • Temperaturas na superficie do solo superiores a 500 °C.

Procedemento de Xestión das Queimas

5.1. Solicitude de Queimas

Os interesados deben presentar unha solicitude no Distrito Forestal correspondente (Anexo I). Pode ser promovida por:

  • Instancia de parte: polos propietarios ou terceiros con autorización (Anexo II).
  • De oficio: pola Administración forestal.

A xestión realízase a través da aplicación QUECO, onde se define progresivamente o Plan de Queima.

5.2. Avaliación Previa

O persoal técnico asignado avalía a idoneidade da queima considerando:

  • Contribución aos obxectivos.
  • Protección ambiental e permisos necesarios.
  • Identificación de puntos críticos, riscos e necesidades de recursos.
  • Predición do comportamento do lume e do fume.

Se a avaliación é positiva, pasa á fase de execución; se é negativa, arquívase e notifícase ao solicitante.

5.3. Plan de Queima

O Plan de Queima (Anexo IV) recolle toda a información necesaria:

  • Datos do solicitante e localización.
  • Planificación de actuacións e necesidades de medios.
  • Parámetros de prescrición e xestión de fumes.
  • Execución, continxencias e riscos.

Debe ser validado polo Xefe de Queima e autorizado polo Xefe de Distrito.

5.4. Execución Operativa

5.4.1. Preparación de Parcelas

Realízanse tarefas previas supervisadas polo Distrito Forestal para garantir a seguridade.

5.4.2. Execución da Queima

  • Confírmanse condicións meteorolóxicas e avísase ao Distrito con 24 horas de antelación.
  • Coordínase a comunicación cos centros de control (CCP, CCC, 112, Garda Civil).
  • O Xefe de Queima revisa o Plan de Ignición, distribúe tarefas e verifica parámetros de prescrición.
  • Realízase un test de queima e, se é necesario, axústase o plan.

Finalízase cando se comproba a extinción segura do lume.

5.4.3. Organización do Persoal

  • Xefe de Queima: supervisa todo o proceso, coordina e garante a seguridade.
  • Responsable de Ignición: executa o plan de ignición.
  • Responsable de Control: mantén a queima dentro da área establecida.
  • Persoal de Apoio: cualificado e equipado, segue as ordes do Xefe de Queima.

5.4.4. Avaliación Pos Queima

Avalíanse os resultados inmediatos segundo a Guía Visual (Anexo VII) para comprobar o cumprimento dos obxectivos.

5.5. Seguimento das Superficies Queimadas

Nos dous anos posteriores, poden realizarse visitas para avaliar a rexeneración da área, erosión do solo e cumprimento dos obxectivos, rexistrando os datos no Plan de Queima.

Ventás de Prescrición

As ventás de prescrición definen as condicións nas que se debe realizar unha queima para alcanzar os obxectivos desexados de maneira controlada. Estas dependen de factores meteorolóxicos, ambientais e topográficos, e deben ser flexibles para adaptarse a posibles cambios nas condicións.

Factores Clave

  • Condicións meteorolóxicas:
    • Vento: A velocidade e a dirección son fundamentais para controlar a propagación do lume.
    • Humedade e temperatura: A humidade relativa e a temperatura afectan á facilidade de ignición e á propagación do lume.
  • Condicións do combustible:
    • Altura e tipo de vexetación: A vexetación de 1 metro é estándar, pero a súa humidade tamén influirá na propagación do lume.
  • Topografía:
    • Pendentes: O lume propágase máis rápido en pendentes, polo que hai que ter en conta a inclinación do terreo.
  • Flexibilidade:
    • A prescrición debe permitir modificacións en función das condicións cambiantes e ofrecer varias oportunidades de queima durante a época adecuada.

Ferramentas e Maquinaria para a Extinción e Prevención

Ferramentas Manuais

Mochila extintora
Depósito ríxido de 15 a 20 litros, para ataque directo a lumes incipientes.
Palín forestal
Pala tradicional, para ataque directo lanzando terra ás chamas ou para ampliar zonas de defensa.
Batelumes
Para apagar o lume por sufocación, de 1,50 metros.
Extintor de explosión
Formado por 80% auga, 20% retardante e pólvora.
Pulaski
Cabeza de aceiro con dous útiles: macheta e aixada. Utilízase en ataque indirecto para ampliar liñas de defensa e rozar combustible.
Mcleod ou Angazo aixada
Folla rectangular con 6 dentes e coitela, para ataque indirecto e ampliación de liñas e desbroce de combustible.
Aixada
Tradicional, con folla de aceiro, para ataque indirecto ou directo para lanzar terra.
Gorgui
Moi versátil, creado para cuadrillas helitransportadas. Función de aixada, batelumes e corte.
Podón ou calabozo
Folla de aceiro curvada como un fouciño para desbroce manual.
Facho de goteo
Utilízase para queimas controladas de ensanche. Partes: boquilla, queimador, válvula de aire, anel de peche. Composición: 2/3 de gasóleo e 1/3 de gasolina.

Maquinaria Pesada

Tractores de cadeas: Folla de empurre que se divide en cantonera, vertedoiro e coitela.

  • Bulldozer: A folla sempre vai perpendicular ao eixo lonxitudinal do tractor, tendo só dous movementos: subida e baixada.
  • Angledozer: Permite modificar o ángulo que forma o bordo da coitela coa perpendicular á dirección da marcha, ata un máximo de 25-30º. Isto permite verter terra lateralmente e cavar a media ladeira.
  • Tiltdozer: Unha mestura dos dous anteriores.
  • Tipdozer: Consiste nun xiro da pala ao redor do eixo normal da dirección da marcha, que permite inclinar a folla cara adiante ou cara atrás variando o ángulo de ataque ao terreo.

Tractores de rodas: Póñenselle gradas para realizar cortes na terra.

Limitacións

Limitación de pendentes do 20%.

Liñas de Defensa

Estratexias de construción de liñas cortalumes:

  • Construción dunha soa liña: Método máis usado.
  • Construción de 1+1 liñas: De separación 3 metros de liña a liña, liñas paralelas.
  • Construción de 2 liñas: Dúas liñas solapadas. A segunda liña debe rematarse antes de que o lume chegue á primeira liña.
  • Construción de 2 liñas + queima: Cando aparecen focos secundarios.
  • Construción de 2+2 liñas: Dúas liñas dobres.
  • Construción de liñas múltiples: 3-4 solapadas.

Campañas de Prevención

Dirixidas á poboación xeral, á poboación rural e aos centros escolares.

Obxectivos

  • Informar a poboación da existencia do perigo de incendio e dos danos que producen.
  • Sensibilizar.
  • Implicar a toda a poboación.

Quen as leva a cabo

  • Administración pública: nacional, autonómica e local.
  • Organizacións sen ánimo de lucro.

Deseño das Campañas

O desenvolvemento debe:

  • Chamar a atención.
  • Sensibilizar.
  • Ser congruente.
  • Chegar ao público xeral.
  • Ser eficaz.
  • Os mensaxes deben ser concisos e fomentar o coñecemento e ser coherente.

Divulgación

Mediante panfletos, na TV, teatro, radio.

Infraestruturas Preventivas

1) Hidráulicas

Puntos de auga: Lugar no que se almacena auga para o posterior uso en caso de incendio por medios terrestres e aéreos.

Tipos de Puntos de Auga

  1. Para extinción: Depósitos, tubarías, depósitos para A.C.T.
  2. De uso múltiple: Augas libres, ríos, mar, encoros.

Limitacións de Uso de Puntos de Auga

  • Cando coincide con épocas de seca e coa época de perigo alto de incendios.
  • Mal tempo (dificulta a carga dos avións e helicópteros).
  • Danos que provoca a carga de medios aéreos en balsas e piscinas.

Sistemas de Enchido

  • Naturais: Escorrentía ou por fonte.
  • Artificiais: Tanques, rede pública de auga.

Base de Medios Aéreos

a) Criterios de Ubicación

  • Radio de acción que abarque a superficie total na que o incendio poida supoñer: grandes perdas económicas, difícil acceso, intensidade de propagación.
  • Dispoñer de postos de vixilancia que cubran toda a superficie abarcada polo helicóptero e boa comunicación.
  • A zona presenta risco alto ou moderado de incendio.
  • Ben situada preto de poboación e estrada.

b) Instalacións da Base

  • Sala de emisoras, aseos, cociña, duchas, sala de descanso de pilotos, campo de adestramento.

c) Requisitos máis Importantes para un Helicóptero

  • Iluminación nocturna.
  • Manga indicadora da dirección do vento.
  • Plataforma de aterraxe como mínimo 1,5 veces o seu tamaño.
  • Valados sen obstáculos (árbores) a 100 m.

Rede Viaria Forestal

Camiños forestais.

Requisitos da Rede Viaria

  • Deben permitir o acceso ao monte.
  • Reducir ao mínimo a erosión.
  • Utilizar sistemas de drenaxe naturais.

Función

  • Posibilitar a vixilancia de medios terrestres.
  • Permitir o acceso ao monte para traballos de prevención.
  • Posibilitar a entrada e saída de medios.

Xerarquía da Rede Viaria

  • Rede principal: Circulación en 2 sentidos, 6 m de ancho e ensanchamentos de xiro cada 2 km, pendente do 6%.
  • Rede secundaria: 4 m de ancho e ensanchamentos cada 200 m, pendente do 20%.
  • Rede complementaria: Pistas cegas de acceso, rematan en plataforma de xiro.

Entradas relacionadas: