Historia Xeolóxica da Terra: As Eras Precámbrica e Paleozoica
O Precámbrico
O Precámbrico é a etapa máis longa da historia da Terra. Comezou hai uns 4560 millóns de anos (m. a.) e terminou hai 541 m. a.
Case non temos datos sobre ela, xa que practicamente non existen rochas desta época.
Durante o Precámbrico xorde a vida e hai grandes cambios: aparece a codia continental e xorden novas condicións ambientais nos océanos e na atmosfera.
A Primeira Codia Continental
As rochas máis antigas da Terra teñen 4280 m. a. Tamén se considera que, nese tempo, xa había océanos e que xa se estaba a formar a codia continental.
Hai 1100 m. a. existía un supercontinente, Rodinia, constituído pola maior parte das terras emerxidas do planeta. Rodinia comezou a fracturarse hai 800 m. a., debido á existencia dunha...