O galego no século XXI: Historia e sociolingüística
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,64 KB
O galego a finais do XX e comezos do XXI
Entre os trazos máis salientables da evolución da lingua galega no período que vai dende 1975 ata os nosos días, salienta o establecemento dunhas condicións políticas e legais favorables á normalización da lingua. Non obstante, persisten na sociedade galega indicadores negativos que escurecen o presente do idioma e ameazan o seu porvir.
Marco legal e normalización
O inicio da democracia fixo posible para o galego unha consideración xurídica diferente. Os fitos principais neste proceso foron:
- Constitución de 1978: Declárase o galego como lingua cooficial.
- Estatuto de Autonomía de Galicia (1981): Recoñécese como lingua propia de Galicia, establecendo que os poderes garantirán o seu uso normal
español con un tamaño de 3,71 KB