Aristóteles: Vida e Contexto Filosófico
Este texto céntrase na figura do filósofo Aristóteles. Aristóteles naceu nunha pequena cidade de Macedonia. O seu pai era médico do rei de Macedonia, o que explica a súa relación coa corte macedonia.
Formación e Traxectoria
Aos 18 anos marcha para Atenas a estudar, ingresando na Academia Platónica, onde permanece 20 anos. Tras morrer Platón, abandonou a Academia e emprendeu unha longa viaxe. Neste período, durante tres anos, foi mestre de Alexandre o Magno.
Comeza a discrepar dalgunhas das doutrinas principais da Academia, especialmente da Teoría das Ideas, e a elaborar a súa propia doutrina. Ao ascender ao trono Alexandre, Aristóteles volve a Atenas e funda a súa propia escola, o Liceo....