Vangardas e Compromiso: A Literatura e Lingua Galega no Primeiro Terzo do Século XX
Vangardas na Literatura Galega
Nas primeiras décadas do século XX sucédense iniciativas artísticas que pretenderon unha profunda renovación estética e unha redefinición do concepto da arte. É o que se denominou co nome de vangardas e as súas manifestacións: os ismos. Cada unha delas moi particular, pero con trazos comúns como o antisentimentalismo, a tendencia á deshumanización ou a concepción da absoluta autonomía da arte.
A Xeración Nós e a Modernización Literaria
Neste momento, nos anos 20, a Xeración Nós trata de construír os alicerces do nacionalismo para prestixiar a literatura en galego: procuran europeizala, modernizala e intelectualizala. Por iso, empregan medios como a propia revista Nós.