A Administración Pública en Galicia: procedemento administrativo
Clasificado en Español
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,94 KB
A Administración Pública en Galicia
Concepto e características
A Administración Pública (arts. 9 e 103 CE) é o organismo creado polo poder público como instrumento de relación cos cidadáns. Actúa baixo o interese xeral, serve con obxectividade (art. 103 CE) e sen arbitrariedade. Os funcionarios públicos deben ser imparciais.
A Administración ten personalidade xurídica, que é unha “identidade” para poder relacionarse con terceiros.
Normativa reguladora
Os regulamentos que regulan a Administración son a Lei 39/15 (LPAC, Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas) e a Lei 40/15 (LRJSP, Réxime Xurídico do Sector Público).
O acto administrativo
O acto administrativo é a forma na que se comunica a administración. As notificacións faranse persoalmente, agás que afecten a un gran número de persoas. A forma de pronunciarse é sancionar, conceder, etc.
Elementos esenciais
- Notificación: Comunicación do sucedido e os fundamentos xurídicos.
- Motivación: Xustificación do acto, tanto xurídica como tecnicamente.
O acto xurídico público pon fin ao procedemento, a través dunha lei, sentenza ou resolución administrativa.
O procedemento administrativo
Ten unha dobre finalidade: garantir os dereitos dos administrados (participación) e garantir o interese público (principio de eficacia).
O procedemento administrativo pode iniciarse de oficio (xuíces ou tribunais) ou a instancia de parte (persoa interesada, por exemplo, a través dunha denuncia).
Etapas do procedemento
- Trámite de audiencia: Notificación ao interesado para examinar o expediente e presentar alegacións.
- Alegacións: O interesado pode facer alegacións en calquera momento antes do trámite de audiencia.
- Subsanación: A Administración pode solicitar a corrección de defectos no prazo de 10 días.
- Arquivo: Se non se notifica ao cidadán no prazo de 2 meses desde o inicio do procedemento sancionador, este arquívase.
A proba
Actos de instrución para demostrar a veracidade dos feitos (documental, testifical, pericial, etc.).
Modos de presentación
No rexistro electrónico da Administración, nas oficinas de Correos ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistros.
O informe
Actos de instrución emitidos por un órgano administrativo. Poden ser vinculantes (obligan), non vinculantes, internos, externos, xurídicos, técnicos, facultativos e preceptivos (ex. de arquitectos, ferroviarios, navegación aérea…).
Paralización do procedemento
Por causas imputables ao interesado ou por inactividade da Administración (silencio estimatorio ou desestimatorio, ou caducidade).
Abstención e recusación
A abstención é o deber de apartarse dun asunto por ter relación coas partes. A recusación é a solicitude para que se aparte da tramitación por existir unha causa legal.
Persoas interesadas
Quenes inician o procedemento ou as que poidan verse afectadas por unha resolución administrativa.
Elementos do acto administrativo
- Subxectivos: Ditado polo órgano competente.
- Obxectivos: Contido do acto.
- Formaes: Requisitos e cauce.
Finalización do procedemento
Por terminación convencional (acordo entre Administración e interesado), por resolución unilateral da Administración, desistimiento, renuncia, caducidade ou silencio administrativo, e por imposibilidade material.
Plazos
Por horas (non excede de 24h), por día (hábiles ou naturais), por meses ou anos (empeza a computarse a partir do día seguinte á notificación, publicación, estimación ou desestimación).