Agricultura e Paisaxes Agrarias en España
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,76 KB
A Floricultura en España
Na actualidade, a floricultura ocupa unhas 4.000 hectáreas (Ha.), das que case 3.000 están dedicadas á flor cortada e o resto utilízase para a obtención de plantas ornamentais. A mellora xenética da resistencia contra axentes patóxenos evita a depreciación do produto, reducindo sensiblemente o emprego de tóxicos, contra os que existe xa unha gran sensibilidade no consumidor.
Cultivos Industriais
O Cultivo do Algodón
O algodón ten unha gran tradición en España. No século XIX, Cataluña tivo unha elevada produción e mesmo puido exportar algodón a Inglaterra e Francia. Sen embargo, despois da II Guerra Mundial fomentouse de novo o seu cultivo debido ás dificultades de abastecemento no exterior. Actualmente, as rexións máis produtoras son Andalucía (Sevilla, Córdoba e Xaén) e Estremadura. Dada a insuficiencia da produción propia, impórtase algodón de Norteamérica, Exipto, México e Perú.
A Produción de Azucre
A produción de azucre iniciouse cando se perderon as colonias de Cuba, Porto Rico e Filipinas (1898), que o subministraban. O azucre obtense da cana de azucre e tamén da remolacha azucreira. A súa extensión varía moito porque, tratándose dunha planta anual e de regadío, a produción é moi sensible ás fluctuacións dos prezos. A pesar da elevada produción propia, frecuentemente é preciso complementala coa importación. A cana de azucre precisa calor; por esta razón, prodúcese na Andalucía costeira (Almería, Granada e Málaga). A produción de remolacha localízase nos vales do Ebro, Douro e Guadalquivir.
O Cultivo do Tabaco
O tabaco é un cultivo intervido estatalmente no que se refire ao seu cultivo, elaboración, distribución e venda. Prodúcese en Vera de Plasencia (Cáceres), na veiga de Granada e en Canarias.
Paisaxes Agrarias
A Paisaxe Agraria da España Húmida
- A estrutura agraria caracterízase por un poboamento disperso, asentado en aldeas e vilas. O campesiñado é propietario de pequenas parcelas pechadas (minifundio), xeralmente afastadas entre si, o que dificulta a súa explotación e mecanización e, por tanto, diminúe a súa rendibilidade. Os usos do solo son principalmente gandeiros. A poboación, tradicionalmente moi numerosa e obrigada á emigración, está hoxe en día envellecida.
- A agricultura ocupa unha superficie pouco extensa. Tradicionalmente practicábase o policultivo para autoconsumo: produtos de horta, millo, patacas, frutais e vide; nas terras de peor calidade, cebada e centeo. A cría de gando complementaba a economía familiar.
- Actualmente, a agricultura vaise especializando en cultivos de horta e plantas forraxeiras para o gando.
- A gandería, vacúa principalmente, é a actividade económica máis importante, predominando a pequena e mediana explotación familiar, cun crecente grao de tecnificación. A gran dependencia das industrias lácteas, a competitividade no sector e o problema das cotas imposto pola Unión Europea, entre outros problemas, debuxan un futuro incerto.
- A explotación forestal constitúe tamén unha importante actividade, debido á gran superficie de bosque existente. A madeira cortada destínase principalmente a abastecer á industria do moble ou para obter pasta de papel.