Alegoría da liña de Platón: Dianoia e coñecemento

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,91 KB

Alegoría da liña de Platón

No libro A República, Platón usa a metáfora da liña para explicar os distintos niveis de coñecemento. Con esta comparación mostra que non todos os tipos de saber teñen o mesmo valor. O coñecemento divídese en catro niveis:

  1. Eikasía: imaxinación, sombras e imaxes.
  2. Pistis: crenza nas cousas que vemos cos sentidos.
  3. Dianoia: pensamento racional propio das ciencias e das matemáticas.
  4. Noesis: coñecemento puro das Ideas, o máis alto de todos.

A Dianoia: pensamento científico e xeométrico

Este fragmento céntrase na dianoia, que é o pensamento dos científicos e xeómetras.

Platón di que este tipo de pensamento é superior á simple opinión, pero non é o coñecemento definitivo, porque parte de hipóteses sen demostrar e non chega á Idea do Ben, que é a verdade suprema. Platón conclúe que o coñecemento máis alto só se pode alcanzar coa dialéctica, que é o diálogo racional e a reflexión. Grazas a ela, a alma pode alcanzar a verdade absoluta e comprender as Ideas, especialmente a Idea do Ben.

Estructura do texto

O texto divídese en tres partes: na 1ª, Glaucón entende o que Sócrates está explicando e recoñece que o coñecemento máis verdadeiro conséguese coa dialéctica (reflexión profunda).

Na 2ª, Platón explica que os científicos e matemáticos usan o pensamento racional, non os sentidos, pero o seu coñecemento non é completo porque parten de hipóteses que non demostran. Na 3ª parte, Platón di que o pensamento discursivo é inferior á intelixencia pura, xa que queda limitado polas hipóteses.

Lectura persoal

Baixo o meu punto de vista, estou de acordo con Platón cando afirma que non se chega ao verdadeiro saber só repetindo ideas, senón buscando as súas causas e fundamentos. É importante pensar por un mesmo e non quedar coa primeira explicación que se ofrece. Tamén considero que as hipóteses e a observación son necesarias para avanzar no coñecemento. Por exemplo, ao estudar matemáticas primeiro aprendemos fórmulas sen saber de onde proceden; máis adiante comprendemos un pensamento máis profundo. Por iso, as hipóteses son necesarias como punto de partida.

Crítica desde Aristóteles

Dende a perspectiva de Aristóteles, este fragmento de Platón será criticado por dar demasiada importancia ás Ideas e separalas do mundo real. Para Aristóteles o coñecemento non se refire a realidades intelixibles que existan nun mundo aparte, senón aos individuos concretos que podemos observar. Pensaría que o erro de Platón é desprazar o mundo sensible, cando en realidade o coñecemento comeza a partir da experiencia.

Entradas relacionadas: