A alienación do home na filosofía de Marx

Clasificado en Filosofía y ética

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,44 KB

ANTROPOLOGÍA DE MARX

Contexto histórico-filosófico

Junto al liberalismo y al nacionalismo, ideoloxicamente burguesas, aparecen el socialismo y el anarquismo. Estes novos impulsos revolucionarios tómanse frear desde o tradicionalismo e a burguesía liberal. Influirá en Marx a revolución francesa e industrial. Respecto á filosofía, inflúe na esquerda hegeliana, o xiro materialista de Feuerbach e Rousseau. A esquerda hegeliana afirma que Deus é a proxección ideal do que ao home lle gustaría ser e xurde pola necesidade do home de cambiar a realidade. Marx di, influído por Rousseau, que a orixe do mal é a desigualdade social que se concreta na propiedade privada.

Introdución

Marx necesita unha filosofía que lle propoña un análise científico que lle permita coñecer a lei que desenvolve a sociedade e determinar se unha acción política é correcta ou non. Iso require dunha filosofía monista baseada nunha explicación unitaria e científica a todos os fenómenos sociais a través da historia, para o que necesita un modelo de home para deseñar a sociedade.

Desenvolvemento

Para Marx o home é un ser natural (semeellante aos animais). O home non posúe unha esencia igual ao longo da historia, isto é debido a que o home comeza a selo cando comeza a traballar. Co paso do tempo é posible realizar cada vez máis traballos, polo tanto non todos os homes teñen a mesma dignidade. Para Marx, o home é un ser activo non teórico, no que o importante é a praxis (traballo manual) mediante o cal o home se relaciona coa natureza e cos demais. O home é un ser social, non por natureza, senón polas relacións que establece co seu traballo. Desta maneira o home non ten natureza propia, senón que ten unha natureza en función do traballo que desempeña. Froito destas ideas, para Marx, o home non é persoa (substancia individual de natureza racional con dereitos) xa que depende de todo o que lle rodea, o home só ten valor na medida en que aporta para a sociedade, é dicir, o home é parte dun organismo vivo, que é a sociedade, e por iso desbotable. O home é un ser alienado porque tiña cousas que as perdeu converténdose en algo alleo.

Conclusión

Para Marx o home é un ser natural, en construción social, no sentido de que depende totalmente do “todo” ao que pertence e está alienado. O obxectivo da filosofía marxista será coñecer a orixe das alienacións e liberar ao home delas.

Entradas relacionadas: