Almorávides, Almohades e os Reyes Católicos na Península Ibérica
Clasificado en Física
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,34 KB
Almorávides e Almohades na Península Ibérica
Tras a disgregación do Califato produceuse unha descomposición do territorio andalusí en múltiples reinos de Taifas, polo que, pese ao habitual pago de parias, a situación de debilidade e inestabilidade destes reinos posibilitou un rápido avance dos territorios cristiáns. A conquista da Taifa de Toledo por Alfonso VI en 1085 provocou a intervención dos almorávides.
Periodo Almorávide 1085-1147
Tras a caída de Toledo conseguen frear o avance cristián na Batalla de Zalaca (1086), reunificando os territorios andalusíes e incorporándoos no seu imperio. As dificultades para exercer un poder efectivo no norte de África ante o avance Almohade, a escasa popularidade entre a poboación andalusí debido ao seu islam rigorista e a progresiva expansión cristiá (toma de Zaragoza en 1118) conduciu ao seu desmoronamento e unha nova división territorial de AI-Andalus en reinos de Taifas.Periodo Almohade 1195 - 1224
Pobo bereber que tras rematar co dominio Almorávide no Norte de África chegan á Península, controlando o espazo territorial dos reinos musulmáns e logrando conter o avance cristián, conseguindo unha importante vitoria na Batalla de Alarcos en 1195. Pese a iso, a coalición entre os reis de Castela, Navarra e Aragón dirixida por Alfonso VIII rematará coa derrota Almohade na batalla das Navas de Tolosa (1212), resultando nun período de crise que rematará coa disolución do poder Almohade e unha nova división territorial en reinos de Taifas que non lograrán resistir o rápido avance cristián polo sur de Extremadura e val do Guadalquivir ao longo do século XIII.Os Reyes Católicos: Unión dinástica e integración dos reinos peninsulares
O matrimonio entre Isabel e Fernando en 1469, e a posterior vitoria do bando isabelino na Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) supuxo a unión dinástica das coroas de Castela e Aragón. Pero este enlace non conlevou a fusión política de ambos reinos, pois cada un deles mantivo as súas propias institucións, sistema monetario, facenda, normas xurídicas, etc. Sentábanse así as bases da monarquía hispánica, que establecía un Estado plural, e non unitario, integrado por diversos territorios, entre os que Castela sería a peza fundamental por dispor de máis recursos, poboación e homoxeneidade institucional. Esta unión dinástica sentará as bases do Estado Moderno ao afianzar o poder rexio sobre os estamentais, creando para iso unha estrutura administrativa e institucional plenamente definida.
Ao mesmo tempo, os Reyes Católicos levaron a cabo unha política de unidade territorial peninsular, co obxectivo de conquistar os territorios que ata entón non pertencían a Castela ou Aragón. Desta maneira, púxose fin a case oito séculos de presenza musulmá na península coa conquista do reino nazarí de Granada (1482-1492) seguida pola anexión de Navarra a Castela en 1512. Igualmente, acometeuse a conquista definitiva de Tenerife en 1496. Ademais, continuouse coa expansión polo Mediterráneo como vía expansiva natural de Aragón e o norte de África con pequenos enclaves como Melilla desde 1497 ou Orán desde 1509, de forma paralela ao descubrimento de América en 1492 abrirá unha vinculación entre América e España de máis de tres séculos.