Análise da Cantiga de Amigo: Xénero e Estrutura Medieval
Clasificado en Lengua y literatura
Escrito el en
gallego con un tamaño de 3,05 KB
Introdución á Cantiga de Amigo
As seguintes cobras ou versos compoñen unha cantiga de amigo escrita por........... Pertence á lírica tradicional e a súa aparición data a partir da segunda metade do século XIII. Como todas as cantigas de amigo, narra os sucesos amorosos nos que o poeta pon en boca dunha muller as penas (a coita) de amor que esta dirixe ao seu "amigo" ou amante. Encóntrase escrita en galego-portugués.
Características Xerais do Xénero
Ademais, a cantiga de amigo presenta as seguintes características distintivas:
- O paralelismo.
- O leixaprén.
- O refrán.
- A voz feminina (aínda que a crea o trobador, está, en efecto, en voz dunha muller).
- A aparición da palabra "amigo" nos versos.....
Tema e Subxénero
Nesta cantiga, o tema trata sobre unha moza..........., e por isto podemos indicar que é unha (bailada, mariñas/barcarola, cantiga de romaría).
Análise da Estrutura e Repetición
Tocante á estrutura, a idea principal....... aparece exposta na ..... estrofa (exemplo). As estrofas restantes repiten este mesmo motivo principal pero con variacións (sen apenas progresións). Esta estrutura repetitiva, idónea para o canto, conséguese a través dunha serie de recursos literarios, propios da lírica medieval galego-portuguesa que cómpre comentar.
Recursos Formais e Métrica
Dende o punto de vista formal, observamos que esta composición se adáptase totalmente á tradición da cantiga de amigo. Aparece composta por .... cobras e en cada unha delas ... versos, pareados máis un refrán, e seguen o paralelismo, que é o trazo máis significativo deste tipo de cantigas.
O Paralelismo
O paralelismo consiste nun procedemento repetitivo polo que as palabras ou ideas dunha cobra volven aparecer na seguinte con mínimas modificacións (Exemplo: A B refrán A´B´ refrán).
O Leixaprén
Ademais de paralelismo, tamén atopamos outros procedementos típicos da cantiga de amigo, como o leixaprén. Este recurso consiste na repetición dos segundos versos dun par de cobras como primeiros do par seguinte.
O Verso de Refrán
Finalmente, na maioría dos poemas, como neste, temos un verso denominado verso de refrán. Este verso presenta un carácter moi breve e aparece nunha posición moito máis adiantada ao resto dos versos, e repítese en todas as cobras do poema, coa fin de que o lector perciba a importancia dese verso, xa que conleva a idea principal do poema.
Conclusión: A Orixinalidade da Cantiga de Amigo
A xeito de conclusión, pódese dicir que esta composición serve de exemplo perfecto para ilustrar en que consiste unha cantiga de amigo, xénero máis significativo da lírica medieval, xa que son poemas característicos da nosa tradición popular anterior ao trobadorismo. Por último, o xénero cantiga de amigo, por ser autóctono, diferénciase dos outros que proveñen da Provenza.