Análise de 'Castellanos de Castilla' de Rosalía de Castro: Contexto, Contido e Forma
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 4 KB
Comentario de texto de Rosalía de Castro
Esta obra pertence a Rosalía de Castro, autora nada en Santiago de Compostela e enterrada no Panteón dos Galegos Ilustres na igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela. Morreu de cancro. De pequena viviu na aldea de Ortoño e en Padrón cunha tía, porque era filla dunha muller solteira e un seminarista, e iso estaba mal visto. Mentres estivo na aldea non recibiu educación axeitada, mais impregnouse da lingua e cultura popular galegas. Cuns 13 anos foi para Santiago e entrou en contacto coa mocidade intelectual do momento, como socia do Liceo de la Juventud, onde coñeceu a Pondal e Murguía, entre outros. Casou con Manuel Murguía aos 21 anos. El era un importante intelectual, investigador e xornalista galego. A súa obra é un referente da cultura e literatura galega, e é coñecida fóra do país, estando traducida a moitas linguas, incluído xaponés e árabe. Inspirou a moitos autores e músicos. Tivo unha vida desgraciada, xa que foi separada da nai de bebé. Tivo que saír de Galicia polo traballo do seu marido, e isto provocoulle moita saudade; ademais, morréronlle a nai e dous fillos.
Esta obra é Castellanos de Castilla, poema pertencente a Cantares Gallegos. É moi importante, posto que a data da súa publicación marca o inicio do Rexurdimento, e serve para celebrar o Día das Letras Galegas. É o primeiro texto con valor maxistral que supera con moito os anteriores. Cantares Gallegos ten 36 poemas. O seu prólogo é un dos tres escritos en prosa de Rosalía. É un poema sociopatriótico. Esta obra, escrita no século XIX, pertence a unha época na que xurdiron dúas ideoloxías, provincialismo e rexionalismo, que tentaban descentralizar o Estado e recoñecer Galicia como un territorio cunha historia e linguas propias. É unha época de crise para Galicia (fame, emigración, pestes...). O resto da Península, pola contra, está a reformar o Antigo Réxime e a introducir o capitalismo e o liberalismo grazas á industria, mais isto non ocorre en Galicia porque case non hai industria. A maioría da poboación son campesiños que traballan para o clero e a aristocracia, sufrindo abusos e pagando elevados impostos; por isto haberá un levantamento militar que rematará cos mártires de Carral.
O tema é o maltrato aos galegos en Castela e as penas que sente unha muller que non ten o seu marido. Ten dúas partes claramente diferenciadas: cando fala Rosalía, que pide aos casteláns o bo trato dos galegos, e cando fala unha campesiña contando a súa propia experiencia, dicindo o mal que a trataron e o triste que o recorda. Na segunda parte, conta cando volveu e o que significou para ela; na terceira, que el era moi boa persoa e que, sen el, non pode vivir. O poema ten seis estrofas de catro versos cada unha, cun total de 24 versos. Ten unha linguaxe algo complicada de entender polas metáforas e algúns recursos. Rosalía quere denunciar e transmitir o mal que o pasaban os galegos cando marchaban a Castela, porque os trataban mal. Ademais, pola experiencia propia dunha muller, tamén conta a morriña que tiña polo seu marido. A min paréceme que Rosalía quere reivindicar o galego e defender os galegos, porque non lle gusta o trato que lles dan. Tamén transmite valentía, xa que utiliza unha linguaxe clara e directa cos casteláns, contando tamén a súa propia experiencia. Gústame pola valentía e coraxe de Rosalía cara aos casteláns, defendendo os galegos e tratando de reivindicar o galego.