Análise da Conversa Espontánea: Guía Completa en Galego
Clasificado en Filosofía y ética
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,81 KB
Análise da Conversa
A análise da conversa asume os coñecementos da pragmática. A pragmática permite o estudo das estruturas da comunicación.
A Conversa Espontánea ou Coloquial
A conversa espontánea ou coloquial é o sintagma da fala real. Na conversa espontánea empréganse os rexistros informais da lingua. Debemos saber diferenciar entre conversa e discurso:
- Conversa: é un discurso falado.
- Discurso: pode ser tanto oral como escrito.
A conversa espontánea, como protoxénero discursivo, é a maneira de usar a lingua da que arrincan todos os demais usos da lingua (orais/escritos). Pola contra, o xénero discursivo é unha plantilla comunicativa xerada ao longo da historia dunha cultura, como por exemplo, saudar, rir, rezar... e pode ser tanto oral como escrito.
Trazos da Conversa Espontánea Prototípica (BRIZ, 1998)
- Non planificada.
- Fins interpretativos: obxectivos decididos polas persoas participantes.
- Informal: situación que non nos obriga a manter un nivel de cortesía.
- Marco de interacción familiar.
- Entre iguais (sociais ou funcionais): os integrantes teñen o mesmo poder.
- Os participantes comparten experiencias comúns: facilita a transmisión de implicaturas e o carácter indirecto.
- Temas cotiáns.
As Unidades da Conversa
Análise da conversa coloquial. As unidades da conversa teñen unha organización xerárquica (desde as unidades mínimas).
Unidades Monologais
Unidades Dialogais
A unidade mínima é o intercambio cun par conversacional mínimo; é a estrutura dialogal máis pequena. En cada turno pode haber un ou varios actos de fala. Cando hai dous, poden ser intervencións distintas se a segunda produce unha resposta no falante, é dicir, unha secuencia ou episodio de turnos. Todos os diálogos están formados por intercambios. A secuencia pode ser de carácter temático. Nunha secuencia conversacional podemos subdividila en subgrupos temáticos.
Finalidades Discursivas das Secuencias (Carácter Universal)
- Narrar.
- Explicar.
- Describir.
- Argumentar.
A Interacción Conversacional
A interacción vai desde que ten lugar a primeira emisión comunicativa ata que acaba. As interaccións teñen uns formalismos para que todo o mundo se dea conta de que comeza a interacción: secuencia de apertura e secuencia de peche. Antes da secuencia de peche existe unha secuencia de pre-peche.
A Historia Conversacional
A historia conversacional é a suma de todas as interaccións/episodios ao longo do tempo entre uns mesmos falantes.
O Intercambio Conversacional
O intercambio é a unidade dialóxica básica.
O Sistema de Toma de Quenda
O característico da conversa é o feito de implicar un número relativamente restrinxido de participantes, cuxos papeis non están predeterminados, que gozan todos en principio dos mesmos dereitos e deberes (a interacción é do tipo “simétrico” e “igualitario”) e que teñen como única finalidade confesada o pracer de conversar; ten, en fin, un carácter familiar e improvisado; os temas que se abordan, a duración do intercambio ou a orde dos turnos de palabra determínanse paso a paso, de forma relativamente libre.
Xa en 1974, Sacks, Schegloff e Jefferson pretendían que a conversa fose cuestión de análise científica; non é unha actividade caótica, posto que ten principios subxacentes. Sinalaron, tras a análise detallada dun amplo corpus de conversas espontáneas, as características interlocutivas deste tipo de intercambios. Nas conversas espontáneas adoita haber un alto grao de indefinición, de imprevisibilidade e de improvisación.