Análise e Corrección de Textos: Propiedades e Diversidade Lingüística en Galego
Clasificado en Matemáticas
Escrito el  en 
gallego con un tamaño de 3,19 KB
Texto: Un texto está formado por unha sucesión de palabras ou oracións que transmiten unha mensaxe completa. Son textos calquera acto comunicativo. A súa extensión non ten un límite preciso. No seu interior inclúense outras unidades menores: parágrafos, oracións... Cada tipo de texto ten unha organización. Exemplo: unha novela divídese en capítulos, parágrafos, oracións... e unha poesía en estrofas, versos...
Propiedades do texto: Un texto ten que reunir certas propiedades para ter sentido completo. O texto ten que adaptarse ás circunstancias da situación comunicativa na que se produce.
- Adecuación: Consiste en escoller o rexistro lingüístico apropiado para cada situación, de modo que haxa correspondencia entre todos os elementos comunicativos que interveñen. Debemos ter en conta:
- A intención: Que se quere dicir coa mensaxe. Segundo a finalidade, necesitarase escoller un estilo de lingua ou outro.
 - O tema: Como se vai tratar e o enfoque que se lle vai dar.
 - O destinatario do texto: Dependendo se a persoa é descoñecida ou coñecida, ou se temos confianza ou non, escolleremos un rexistro lingüístico diferente.
 - A canle: É o medio polo que se transmite a mensaxe, tanto sexa oral como escrita. Pode ser na tele, no aire, SMS...
 - O tempo: Que se dispón para dicir a mensaxe.
 - O lugar: O espazo onde se atopa o emisor ou o receptor.
 
 
Na maioría dos países, no seu territorio fálanse varias linguas, pero non todas as linguas están nas mesmas condicións. Segundo a situación na que se atopen, distinguimos:
- Lingua oficial: É aquela que é utilizada por moitos falantes.
 - Lingua sen estado: Son as linguas propias de territorios que carecen de independencia política.
 - Lingua maioritaria: É aquela que utilizan moitos falantes.
 - Lingua minoritaria: É aquela que falan poucas persoas.
 - Lingua hexemónica: Ten un gran prestixio social porque hai un poder político-económico que a apoia. Un exemplo de lingua hexemónica é o inglés.
 - Lingua minorizada: Está nunha situación de inferioridade dentro da propia comunidade lingüística e non ten recoñecemento oficial.
 
A diversificación do estado español: En España, dende a Idade Media, levouse a cabo unha política que quixo a supremacía do castelán fronte a outras linguas. O castelán foi a lingua hexemónica e as outras linguas quedaron marxinadas e convertéronse en linguas minorizadas. Isto foi modificado pola Constitución Española de 1978, que establece a igualdade do castelán coas outras linguas españolas nos seus territorios. As linguas españolas que se recoñecen como oficiais son: galego, castelán, valenciano e éuscaro. A lingua galega fálase en Galicia, no oeste de Asturias e de Castela e León. No ano 1981, aprobouse o Estatuto de Autonomía para Galicia, que institúe o galego como a lingua propia de Galicia.