Análise Demográfica e Económica de España: Inmigración e Estrutura da Poboación

Clasificado en Geografía

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,71 KB

Inmigración estranxeira

Durante o período de auxe entre 1995 e 2007, a inmigración impulsou o crecemento demográfico en España. Este crecemento foi tanto directo, pola chegada de persoas, como indirecto, polo incremento da natalidade. Grazas á inmigración, evitouuse o decrecemento demográfico nalgunhas comunidades autónomas con crecemento natural negativo.

Desde 2008, a saída de inmigrantes reduciu o volume da poboación española e a taxa de natalidade. Como consecuencia, algunhas comunidades perderon poboación.

Estrutura da poboación española

A estrutura da poboación española por sexo e idade presenta as seguintes características:

  • Xoves: Predominan os homes debido á súa superioridade numérica ao nacer.
  • Idade adulta: As diferenzas entre os sexos acúrtanse lentamente. Isto débese a que a sobremortalidade masculina se compensa coa chegada dun maior número de homes inmigrantes.
  • Idades anciás: Predominan as mulleres, grazas á súa maior esperanza de vida.

Existen excepcións en algunhas zonas rurais onde a emigración feminina deixa unha maior proporción de homes nas idades adultas e anciás.

Envellecemento da poboación

A estrutura por idade da poboación española está envellecida, xa que os mozos representan unha baixa porcentaxe.

As principais causas deste envellecemento son:

  • O forte descenso da natalidade desde 1975.
  • O aumento da esperanza de vida.
  • A emigración ocorrida en épocas pasadas.

VOCABULARIO ECONÓMICO

Balanza de Pagamentos

É a relación entre a cantidade de diñeiro que un país gasta no estranxeiro e a cantidade que ingresa doutras nacións. O concepto de balanza de pagamentos non só inclúe o comercio de bens e servizos, senón tamén o movemento doutros capitais, como a axuda ao desenvolvemento, as inversións estranxeiras, os gastos militares e a amortización da débeda pública.

Déficit Comercial

Prodúcese cando a Balanza de Pagos presenta un resultado negativo entre as exportacións e as importacións durante un período determinado. É dicir, cando o valor dos bens e servizos que un país exporta é menor que o valor dos bens e servizos que importa.

Terciarización

É unha transformación económica e social que afecta aos países máis desenvolvidos desde a última fase da revolución industrial. A terciarización non só consiste en que a poboación ocupada no sector terciario (servizos) pasa a ser máis numerosa que a do sector secundario (industria), senón que a forma de traballo propia deste sector se difunde polos demais, terciarizándoos.

Entradas relacionadas: