Análise Demográfica da Poboación Española e Galega
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 23,27 KB
As Fontes Demográficas
Demografía: estudo cuantitativo da poboación a partir de datos procedentes de fontes demográficas.
Fontes:
- Censo: reconto da poboación nun país nun momento determinado, cada 10 anos.
- Padrón municipal: rexistro dos veciños dos termos municipais.
- Rexistro Civil: nacementos, matrimonios e defuncións (Movemento Natural).
- Estatísticas.
- Enquisas.
A Distribución da Poboación
1. Características da Distribución
- Densidade de poboación: nº de habitantes por km2. 2008: 91 hab/km2
- Desequilibrios espaciais:
- Áreas moi poboadas: Madrid, periferia, Illas Baleares, Illas Canarias, Ceuta, Melilla.
- Baleiros demográficos: interior e montaña.
- Desequilibrios espaciais:
2. Factores Explicativos da Distribución
A) Época Preindustrial
- Século XVI: Altas densidades no centro-norte peninsular (centro da monarquía: Castela).
- Século XVII: Crise económica con decadencia sobre todo en Castela.
» Movementos de poboación cara á periferia.
» Crecemento en Galicia pola introdución do millo e da pataca.
B) Época Industrial
Séculos XIX-XX: Consolidación dos desequilibrios e agudización dos contrastes:
- Madrid, periferia de alto crecemento natural, zonas industriais.
- Interior: perda de poboación.
C) Época Posindustrial (desde 1975)
- 1975: Redución de diferenzas pola desindustrialización e o paro.
- Tendencias actuais: Consolidación demográfica de Madrid, eixes mediterráneo e do Ebro.
- Procesos de desconcentración demográfica e económica.
Movemento Natural da Poboación
- Crecemento ou decrecemento da poboación por causas naturais: balance natalidade/mortalidade.
- Crecemento Natural ou Vexetativo = natalidade - mortalidade.
- Indicadores demográficos:
- Taxa de natalidade.
- Taxa de fecundidade.
- Índice sintético de fecundidade.
- Taxa de mortalidade.
- Taxa de mortalidade infantil.
- Esperanza de vida.
- Crecemento natural ou vexetativo.
1. Os Réximes Demográficos
1.1. Réxime Demográfico Antigo (ata principios do século XX)
- Natalidade alta:
- Economía e sociedade rurais.
- Non hai control de nacementos.
- Mortalidade alta:
- Dieta escasa e desequilibrada (malnutrición e debilidade).
- Incidencia das enfermidades infecciosas.
- Episodios de mortalidade catastrófica: epidemias, guerras, malas colleitas.
- Alta mortalidade infantil, tanto neonatal como posneonatal.
- Baixa esperanza de vida.
- Crecemento natural baixo con oscilacións polas crises de sobremortalidade.
1.2. Transición Demográfica (1900-1975)
Paso do réxime demográfico antigo ao moderno.
A) Descenso suave e descontinuo da natalidade:
- 1920-1930: Prosperidade económica e recuperación da natalidade.
- 1930-1956: Crise económica, inestabilidade política, guerra civil e posguerra: ↓ natalidade.
- 1956-1965: Desenvolvemento económico: baby boom posbélico atrasado.
B) Descenso notable e constante da mortalidade xeral (Excepcións: gripe de 1918 e guerra civil):
- Avances médicos e sanitarios.
- Aumento do nivel de vida.
- Incremento do nivel educativo e cultural.
- Descenso da mortalidade infantil: progresos da pediatría, alimentación, coidado materno.
- Aumento da esperanza de vida.
C) Crecemento natural alto.
1.3. Réxime Demográfico Moderno (1975-actualidade)
A) Afundimento da natalidade:
- 1975-1998: Control da natalidade (1,24 fillos/muller en 1998) por diversas causas:
- Condicionantes económicos:
- Problemas económicos pola crise de 1975 (redución do número de fillos, retraso da idade ao matrimonio, acurtamento do período fértil da muller).
- Precariedade laboral.
- Problemas da vivenda.
- Cambio de mentalidade e valores:
- Menor influencia da relixión.
- Despenalización de anticonceptivos e aborto.
- Incorporación da muller ao traballo.
- Dificultades para compatibilizar a maternidade co traballo.
- Novos modelos de familia.
- Preocupación pola formación e benestar dos fillos.
- Intereses materiais e de ocio que compiten coa decisión de ter fillos.
- Condicionantes económicos:
- Desde 1998: Lixeira recuperación pola inmigración.
B) Baixa mortalidade:
- Lixeiro ascenso polo envellecemento da poboación.
- Novas causas de mortalidade: enfermidades cardiovasculares, cancro, accidentes de estrada, alzhéimer.
- Mortalidade infantil baixa.
- Esperanza de vida maior para as mulleres.
- Causas de morte no grupo 18-35 anos: accidentes, drogadicción, sida.
- Maior mortalidade en profesións menos cualificadas.
Crecemento natural moi baixo con lixeiro crecemento desde 1998.
Desequilibrios Territoriais no Movemento Natural da Poboación
- Distinta estrutura por idades.
- Causas herdadas:
- Distinto comportamento tradicional da natalidade.
- Diferente desenvolvemento económico que leva a migracións.
- Causas actuais:
- Novos factores de desenvolvemento desde 1975.
- Inmigración estranxeira desde a década de 1990.
A) Comunidades Autónomas máis dinámicas: natalidade máis alta ⇒ menor mortalidade ⇒ crecemento natural positivo.
- Zonas de tradicional natalidade alta: Andalucía, Murcia, Ceuta, Melilla.
- Zonas tradicionalmente receptoras de inmigración: Madrid, Cataluña, Comunidade Valenciana, Illas Baleares.
- Zonas receptoras de inmigración estranxeira desde 1990.
B) Comunidades Autónomas en declive demográfico: natalidade baixa ⇒ maior mortalidade ⇒ crecemento natural baixo ou negativo.
- Zonas de poboación envellecida afectadas pola emigración: Galicia, interior.
- Zonas afectadas pola crise industrial: cornixa cantábrica.
- Zonas que reciben menor inmigración estranxeira.
Movementos Migratorios
Saldo migratorio = Inmigración - Emigración
1. Migracións Interiores
1.1. Migracións interiores tradicionais (último terzo do século XIX - 1975)
- Motivación laboral.
- Fluxos unidireccionais: áreas emigratorias → áreas inmigratorias.
- Persoas novas pouco cualificadas.
1.1.1. Tipos de migracións interiores tradicionais
A) Migracións estacionais e temporais (1860-1960):
- Desprazamentos estacionais para labores agrarias.
- Desprazamentos temporais á cidade cando non hai traballo no campo.
B) Éxodo rural (1900-1975):
- Migracións entre zonas rurais e urbanas definitivas ou de longa duración.
- Etapas:
- 1) 1900-1930: Exceso de poboación no campo vítima da filoxera e a mecanización. Oferta de traballo na industria e nas obras públicas. En fervenza ou por pasos.
- 2) Guerra Civil e posguerra: Estancamento do éxodo rural. Problema de abastecemento das cidades. Difícil reconstrución na autarquía. Fomento da permanencia da poboación rural no campo.
- 3) 1950-1975: Máximo do éxodo rural. Crecemento demográfico/Crise da agricultura tradicional/Auxe industrial/Turismo. Destinos: Eixe Mediterráneo, Eixe do Ebro, Madrid, Illas Baleares, Illas Canarias. Chegada directa ás cidades.
- 4) Desde 1975: Decadencia do éxodo rural. Frecuencia dos retornos. Políticas de desenvolvemento rural e migracións residenciais. Desenvolvemento das competencias autonómicas: administración, políticas de desenvolvemento rexional.
- 5) Actualidade: Éxodo rural baixo con posible tendencia á alza. Cara aos centros da respectiva provincia ou comunidade autónoma.
1.1.2. Consecuencias das migracións interiores tradicionais
- Demográficas: Desequilibrios demográficos entre interior e periferia. Influencia na estrutura por sexo e idade nas zonas de saída e nas de chegada.
- Económicas: Deseconomías de subpoboación no campo. Deseconomías de conxestión nas cidades.
- Sociais: Problemas na integración dos inmigrantes nas sociedades de chegada.
- Ambientais: Abandono e deterioro dos ecosistemas tradicionais. Problemas nas cidades de contaminación, ruído…
1.2. Migracións interiores actuais
- Motivacións variadas.
- Fluxos pluridireccionais: diversidade das áreas de orixe e de destino.
- Persoas novas e maiores, cualificadas e non cualificadas.
1.2.1. Tipos de migracións interiores actuais
A) Migracións laborais: Adultos novos cara a centros dinámicos da súa rexión ou outras.
- Descenso das migracións cara a provincias doutras rexións.
- Saldos positivos: Mediterráneo (agás Barcelona), val do Ebro (agás Zaragoza).
- Saldos positivos/negativos segundo conxuntura económica: antigas zonas emigratorias.
- Saldos negativos: provincias antes inmigratorias e emigratorias que o manteñen.
- Crecemento das migracións intrarrexionais e intraprovinciais.
- Desenvolvemento da administración autonómica que xera emprego.
- Políticas de desenvolvemento rexional e rural.
- Cambios nas migracións intramunicipais.
- Saldo negativo dos grandes municipios urbanos e capitais provinciais.
- Crecente papel dos estranxeiros nas migracións interiores.
B) Migracións residenciais entre a cidade central e a periferia ou provincias veciñas.
C) Migracións de retorno: Emigrantes xubilados ou con xubilacións anticipadas. Retorno de migracións andoriña.
D) Movementos habituais: Movementos pendulares entre lugar de residencia e de traballo. Ocio: movementos de fin de semana, turismo.
1.2.2. Consecuencias das migracións interiores actuais
- Migracións laborais: Aumento dos desequilibrios demográficos e económicos.
- Migracións residenciais: Avellentamento dos centros das cidades. Cambios na composición social nos municipios pequenos periféricos.
- Migracións de retorno: Sobreavellentamento da poboación rural. Instalación de familias novas con efectos positivos.
- Movementos pendulares: Problemas de circulación e atascos nos accesos a grandes cidades. Maiores ingresos nas zonas de ocio.
2. Migracións Exteriores
2.1. Emigración transoceánica
- América Latina, EE. UU., Canadá, Australia.
- Emigración maioritariamente permanente e asistida, tamén temporal e estacional.
A) 1850-1914: Reanudación da emigración cara a América. Demanda de inmigrantes para poboar territorios e construír infraestruturas. Causas: atraso agrario, industrialización escasa, evitar o servizo militar, efecto chamada. Procedencia atlántica dos emigrantes e destino a Arxentina, Cuba, Brasil. Perfil do emigrante: varón, novo, solteiro, agricultor, baixo nivel de cualificación.
B) 1914-1945: Decadencia da emigración transoceánica. Inseguridade pola 1ª Guerra Mundial. Crise de 1929. Guerra Civil e posguerra.
C) 1945-1960: Recuperación da emigración transoceánica. Autorización das saídas (1946). Fin do illamento internacional de España. Procedencia: Galicia, Illas Canarias. Destino: Venezuela, Arxentina, Brasil. Perfil: maior cualificación por esixencia dos países receptores.
D) Desde 1960: Descenso da emigración transoceánica polo aumento da europea. Predominio dos retornos.
2.2. Emigración a Europa
A) Ata mediados do século XX: agricultores estacionais, obreiros da construción e servizo doméstico a Francia.
B) 1950-1973: Auxe da emigración a Europa. Reconstrución europea despois da 2ª Guerra Mundial con ampla oferta de emprego. Excedente demográfico en España, insuficiente industrialización, elevados salarios europeos. Procedencia: Andalucía e Galicia. Destinos: Francia, República Federal de Alemaña, Suíza. Perfil: adultos novos, pouca cualificación, en traballos rexeitados polos autóctonos.
C) Desde 1973: Decadencia da emigración europea. Actualmente converteuse en emigración de tempada (0-3 meses) e temporal (3 meses-1 ano).
2.3. Consecuencias das migracións exteriores
A) Demográficas: Descenso da poboación e desequilibrios na súa distribución.
B) Económicas:
- Positivas: Compensa o elevado crecemento natural e o paro. Remesas dos emigrantes.
- Negativas: Investimentos non produtivos dos aforros dos emigrantes. Non favoreceron ás zonas de partida.
C) Sociais: Desarraigamento. Malas condicións de vida e de traballo. Primeiras vítimas da crise económica e problemas dos retornos.
2.4. A emigración exterior na actualidade
- Paso de España de país de emigración a país de inmigración.
- Aumento do nivel de vida e maior formación da man de obra.
3. A Inmigración Estranxeira
3.1. Características
- Grupos:
- Cidadáns nacionalizados.
- Inmigrantes legais.
- Estranxeiros ilegais.
- Causas:
- Por parte española: Desenvolvemento económico que necesita man de obra. Medidas favorables: regularización de ilegais e reagrupamento familiar. Proximidade de África, lazos con Latinoamérica, clima mediterráneo.
- Por parte dos inmigrantes: Motivos económicos. Motivos políticos.
- Procedencia: UE e Europa do leste, África, América Latina, Asia.
- Destinos: Cataluña, Madrid, Andalucía, Comunidade Valenciana, Illas Baleares, Illas Canarias.
- Perfil dos inmigrantes:
- Comunitarios: buscan traballo ou abrir negocios ou xubilados atraídos polo clima.
- Extracomunitarios: mozos por motivos económicos ou políticos (traballos de baixa cualificación).
3.2. Consecuencias da inmigración
A) Demográficas: rexuvenecemento da estrutura demográfica.
B) Económicas: Ocupación de postos de traballo non demandados polos nacionais. Necesidade de inmigrantes para que non descenda a poboación activa. Repercusión no incremento da taxa de actividade das familias españolas. Problemas: perda de competitividade, baixa dos salarios, déficit exterior.
C) Sociais: Actitudes xenófobas ou racistas. Duras condicións de traballo e de vida sobre todo para os ilegais. Dificultades de integración (diferenzas culturais, lingüísticas, relixiosas).
3.3. Política inmigratoria española
A) Marco: lexislación da UE e a Lei de Estranxeiría.
- Política da UE sobre asilo e inmigración (1999): Sistema común de asilo e visados. Cooperación contra a inmigración clandestina. Responsabilidade de cada Estado sobre admisión e integración dos inmigrantes.
- Lei de Estranxeiría: regula entrada, presenza, dereitos, condicións de traballo, expulsión, etc.
B) Medidas: Colaboración cos países emisores en control, repatriacións e retornos. Ordenación dos fluxos migratorios asinando convenios para seleccionar inmigrantes. Impulso da integración: promoción social, medidas contra a xenofobia e o racismo. Loita contra a inmigración clandestina.
Crecemento Real da Poboación
Crecemento real = Crecemento natural (Nacementos - Defuncións) + Saldo migratorio (Inmigrantes - Emigrantes)
A) 1850 - Principios do século XX: crecemento baixo por natalidade e mortalidade altas e emigración.
B) 1900-1975: ata decembro de 1960: Transición demográfica. Límite do crecemento por episodios de mortalidade catastrófica (Gripe de 1918, guerra de Marrocos, Guerra Civil) e pola emigración. Emigración a ultramar e Europa.
C) 1975-2001: crecemento natural moi baixo por descenso da natalidade e da mortalidade. Retorno dos emigrantes e inmigración estranxeira.
D) Desde 2001: aceleración do crecemento da poboación pola inmigración estranxeira. Desequilibrios territoriais.
Estrutura da Poboación Española
1. Estrutura por sexo e idade
1.1. Estrutura por sexo
- Taxa de masculinidade: número de homes por cada 100 mulleres.
- Taxa de feminidade: número de mulleres por cada 100 homes.
- Nacen 105 nenos/100 nenas ⇒ esperanza de vida das mulleres maior.
1.2. Estrutura por idade
- Índice de avellentamento: % de persoas de 65 anos e máis sobre a poboación total (+12%: poboación envellecida).
- Estrutura por idades española envellecida:
- Mozos: descenso sobre todo nas zonas de emigración (14%).
- Adultos: aumentan (67%).
- Anciáns: aumentan coa esperanza de vida sobre todo nas zonas de emigración (17%).
- Causas do envellecemento:
- Baixa natalidade.
- Aumento da esperanza de vida.
- Consecuencias do envellecemento:
- Desaceleración económica.
- Financiamento das pensións.
- Gastos sanitarios.
- Problemas sociais.
2. Estrutura Económica da Poboación
2.1. Poboación activa
- Poboación activa = poboación activa ocupada + poboación activa desocupada.
- Poboación inactiva: sen traballo remunerado, pensionistas, rendistas, estudantes, etc.
2.1.1. Taxa de actividade
- Porcentaxe de activos dunha poboación.
- Evolución:
- 1900-1990: descenso pola emigración e polo aumento das taxas de dependencia. Aumento desde os 80 pola incorporación da muller ao traballo. Aumento da taxa de dependencia polo atraso a 16 anos da idade para traballar. Aumento da taxa de dependencia de anciáns.
- Crecemento da taxa de actividade. Incorporación ao mercado laboral da muller e dos activos “ocultos”. Inmigración.
- Variacións:
- Por sexo: descenso da masculina pola emigración, a crise e a reconversión. Crecemento da taxa de actividade feminina.
- Por idade: maior taxa de actividade para varóns: 35-39 anos e para mulleres: 25-29.
- Por territorio: zonas dinámicas → zonas de poboación nova. Zonas menos dinámicas → zonas de poboación envellecida.
2.1.2. Taxa de paro
- Evolución:
- Ata 1973: baixa pola emigración e a escasa incorporación da muller ao traballo.
- 1973-1985: aumenta pola crise económica, retorno dos emigrantes, incorporación da muller, demanda de emprego da xeración do baby boom.
- 1985-1995: retrocede ata 1990 e volve a aumentar pola crise dos primeiros 90.
- 1995-2008: descenso pola mellora económica, a incorporación ao traballo de xeracións menos numerosas, e a lexislación favorable á flexibilización do mercado laboral.
- Actualidade: ascende pola crise iniciada en 2008.
- Diferenzas en función da idade, sexo, nivel de instrución, estacionalidade e zona.
2.2. Sectores económicos
A) Sector primario: descenso ao longo do século XX. 1950-1975: aceleración polo éxodo rural, mecanización agraria e oferta na industria e turismo. 1975: detención do despoboamento do campo pero segue o abandono das explotacións.
B) Sector secundario: ascenso ao longo do século XX interrompido pola Guerra Civil e posguerra. 1960-1975: auxe do sector polos plans de desenvolvemento e o crecemento urbano. 1975: crise industrial ⇒ trasvase de poboación activa ao terciario.
C) Sector terciario: crecemento desde un nivel moi baixo ao longo do século XX co paréntese da Guerra Civil. Aumento do nivel de vida, terciarización da industria, crecemento dos servizos públicos.
A Poboación Galega
- Concentración da poboación na costa: Golfo Ártabro, eixe Santiago-Vilagarcía, Rías Baixas.
- Descenso da natalidade e envellecemento da poboación sobre todo nas provincias de Lugo e Ourense.
- Descenso da mortalidade no século XX e lixeiro ascenso a fins do século polo envellecemento.
- Emigración:
- Emigracións transoceánicas (ata 1960): Arxentina, Brasil, Cuba (ata 1940). Venezuela, Uruguai, México (desde 1945).
- Emigración cara a Europa (desde 1960): Alemaña, Francia, Suíza, Bélxica, Gran Bretaña.
- Desaceleración do crecemento real da poboación galega ao longo do século XX pola emigración.
- Envellecemento da poboación (sobre todo en Ourense e Lugo).
- Proceso cara ao equilibrio da poboación por sexos despois dun forte descenso dos homes.
- Taxa de actividade inferior á media española.
- Importancia da poboación activa adicada ao sector primario.
- Poboación activa similar á media española no sector secundario.
- Terciarización que segue por debaixo da media española en poboación activa.
Taxas Demográficas
Esperanza de vida:
1975 | 1995 | 2004 | 2008 | |
---|---|---|---|---|
Mulleres | 76,19 | 81,63 | 87 | 84,3 |
Homes | 70,40 | 74,44 | 83 | 78,2 |
1975 | 2004 | 2008 | |
---|---|---|---|
Mortalidade | 8,36‰ | 8,71‰ | 8,47‰ |
Mortalidade infantil | 18,88‰ | 3,99‰ | 3,35‰ |
Natalidade | 18,76‰ | 10,65‰ | 11,4‰ |
Fillos por muller | 2,8 | 1,32 | 1,4‰ |
Idade media á maternidade | 28,8 anos | 30,86 anos | |
Taxa de fecundidade (nacementos/1000 mulleres de 15-49 anos) | 79,19 | 41,39 | 45,22 |
Taxa de nupcialidade (matrimonios/1000 habitantes) | 7,6 | 5,06 | |
Idade media ao matrimonio (mulleres) | 24,5 anos | 30,19 anos | |
Idade media ao matrimonio (homes) | 27,4 anos | 33 anos | |
Saldo vexetativo | 10,40‰ | 1,94‰ | 2,93‰ |