Análise de Os dous de sempre de Castelao
Clasificado en Otras materias
Escrito el en
gallego con un tamaño de 2,41 KB
Os dous de sempre de Castelao
Os dous de sempre conta a historia de dous tipos universais, Pedriño e Rañolas, que encarnan dúas maneiras de ser de sempre. O primeiro, que ve o mundo desde a perspectiva baixa da ra, sería quen de comer o seu pai polos pés. O segundo, que se fose rico andaría nun cabalo branco, ve o mundo desde a perspectiva alta do paxaro. Os dous de sempre é a única novela de Castelao.
«Pedriño [...] era manso, doce, alabeeiro; pero tamén lacazán, pousafoles e, máis que nada, comellón e lambeteiro. Endexamais podía ver comer sen pedir parte, e moitas veces daba noxo velo tan famento, aínda que tivese o fol estoupado de comida. [...] O seu amigo máis achegado era o Rañolas: un rapaz eivadiño das pernas, que andaba en crequenas, por ter os remos engoumados. As pernas do Rañolas estaban tan encartadas que, para andar de présa, tiña que axudarse das mans, camiñando a catro pés.»
Cuestionario de análise literaria
1. Personaxes e narrador
Explica que personaxes aparecen nas partes dialogadas e que tipo de narrador hai nas partes narrativas.
Os diálogos reproducen unha conversa entre Pedriño e Rañolas, e as partes que constitúen a narración presentan un narrador en 3ª persoa do singular.
2. O desexo de plenitude de Rañolas
No discurso de Rañolas distínguese un desexo de plenitude, tanto física como moral. Que plans ten este personaxe para conseguir os seus propósitos e converterse no tipo de persoa que desexa?
Os plans de Rañolas consisten en cortar as súas pernas eivadas e substituílas por outras ortopédicas que pertenceran a un capitán francés (da Primeira Guerra Mundial). Despois, pretende montar unha reloxaría.
3. Dualidade dos personaxes
Esta obra está construída sobre dous personaxes que representan características opostas:
- Pedro: pasivo e conformista.
- Rañolas: loitador e idealista.
Explica como se expresa esta dualidade a través do texto.
É unha novela de carácter dual desde o punto de vista dos protagonistas. A intención da obra consiste en plasmar e transmitir os desequilibrios e as contradicións da vida destes dous personaxes ao longo do desenvolvemento da acción.