Análise da Industria en España e Galicia: Retos e Futuro
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,24 KB
Situación Actual da Industria en España e Galicia
A industria é a actividade dedicada a transformar as materias primas en manufacturas destinadas ao consumo da poboación ou á fabricación doutros produtos. Distinguimos tres tipos de industria:
Tipos de Industria
- Industria básica ou de cabeceira: Transforma materias primas en produtos semielaborados.
- Industria de bens de equipo: Fabrica maquinaria e ferramentas para outras industrias.
- Industria de bens finais: Produce bens directamente para o consumo.
Retos da Industria Española
Nos últimos anos, a actividade industrial española tivo que superar algúns retos significativos:
- Falta de competitividade das PEMES: Fronte ás grandes multinacionais estranxeiras que se asentaron no noso país.
- Escaso investimento en I+D+i: Por parte do noso goberno, que se concentra sobre todo no apartado tecnolóxico, así como nos grandes núcleos urbanos.
- Tecnoloxía maioritariamente importada: Desenvolvemos moi poucas patentes e exportamos aínda menos.
- Non competitividade en prezos: Os nosos produtos non son competitivos en prezos cos dos países menos avanzados.
Impacto da Entrada na Unión Europea (UE)
A nosa entrada na UE propiciou que tivésemos que adaptarnos ás súas políticas económicas. Os países membros da UE aumentaron o seu investimento no sector español e favoreceron tamén a cooperación industrial. Desapareceron tamén os aranceis aduaneiros sobre os produtos importados de países europeos.
Ao non poder protexer os nosos produtos, tivemos que ser máis competitivos e, polo tanto, esixir unha maior formación por parte dos empregados. As PEMES tornáronse pouco competitivas no novo mercado, polo cal moitas delas se viron obrigadas a pechar.
Fondos de Cohesión e Privatizacións
A UE tamén investiu en fondos de cohesión para reducir as diferenzas entre países moito máis desfavorecidos que o noso. Tamén desapareceron as axudas a empresas públicas, polo cal aquelas consideradas rendibles foron privatizadas e as deficitarias foron pechadas.
A Industria Española no Contexto Global
España considérase unha potencia industrial a nivel mundial. O 28% do noso PIB xérase no sector secundario. Aínda así, a súa importancia relativa segue unha tendencia decrecente desde hai tres décadas ante o fomento dos servizos. Nos últimos trinta anos o emprego reduciuse en case un millón de postos de traballo, o cal se debe a:
- Aumento da mecanización: Por parte das empresas, que reduce as necesidades de emprego humano.
- Deslocalización: A marcha de grandes empresas cara a países con man de obra máis barata.
- Competencia dos Novos Países Industrializados (NPI): Que provocan un aumento das importacións e unha redución na compra de produtos fabricados pola nosa industria.