Análise da Narrativa Galega: Cunqueiro, Fole e Neira Vilas

Clasificado en Diseño e Ingeniería

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,44 KB

Álvaro Cunqueiro

Narrativa

Novelas

Merlín e familia

Retoma a figura mítica do mago Merlín, adaptándoa ao presente e a un escenario galego: o Pazo de Miranda, en Lugo. Narra Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín, que á súa vez recorda diversos sucesos alí acontecidos. O libro ten varias historias independentes, pero cun mesmo esquema:

  1. Chegada dun visitante ao pazo de Merlín en procura dos seus saberes.
  2. Exposición do caso ante o mago.
  3. Resolución do problema mediante a fantasía.
As Crónicas do Sochantre

Sitúase na Bretaña francesa. O protagonista é un músico, que vai tocar nun enterro, e é recollido por unha carroza con varios mortos. Durante anos, percorrerá con eles o país e escoitará as historias das súas vidas.

Si o vello Sinbad volvese ás illas

Inspírase en As mil e unha noites. Recupera o personaxe de Sinbad, que agora é un vello mariñeiro xa retirado e recorda as súas aventuras.

Libros de relatos

Os tres libros de relatos breves (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e acolá e Os outros feirantes) forman unha especie de triloxía, xa que teñen o mesmo tema e a mesma estrutura. Son de personaxes reais e imaxinarios, pero sempre curiosos, mediante o humor e a fantasía presenta a psicoloxía do home galego e as circunstancias da súa vida.

Ánxel Fole

Narrativa

Os dous primeiros, A lus do candil e Terra brava, están ambientados na Galicia rural da alta montaña de Lugo, en terras do Courel. Neles reflicte os modos de vida daquel tempo e ofrece información do mundo rural galego: a paisaxe, a economía, as labores agrícolas, a alimentación... Deste modo, dános a coñecer a cultura material e espiritual destes lugares. O propósito do escritor é retratar a Galicia máxica e misteriosa.

Os dous últimos, Contos de néboa e Historias que ninguén cre, están situados nunha ambientación urbana: sitúanse na cidade de Lugo e nas vilas próximas. Os temas son o medo e o misterio. A técnica narrativa de Fole está baseada no conto popular oral: fórmulas introductorias, remate silencioso... de aí que os seus relatos produzan unha sensación de oralidade. Recorre tamén á técnica do conto enmarcado, ao presentar uns personaxes que se xuntan sempre para contar historias. Fole reproduce nas súas obras a lingua falada na súa zona, coas súas peculiaridades.

Xosé Neira Vilas

Narrativa

A súa obra podémola clasificar dende dous puntos de vista:

  1. Segundo o espazo no que se sitúan: Galicia/América.
  2. Segundo o protagonista: infantil/adulto.

Dous temas principais:

A Galicia rural

Mediante protagonistas infantis ou adolescentes: Memorias dun neno labrego e noutras con protagonistas adultos: A muller de ferro. En todas fai un retrato da Galicia campesiña despois da guerra, dominada pola miseria, os prexuízos...

A Galicia emigrante

Historias de emigrantes, Tempo novo. Nestas obras presenta a vida dos emigrantes galegos en América, os problemas de adaptación, o illamento...

Memorias dun neno labrego

Desde o neno protagonista, Balbino, a vida dun rapaz nunha aldea do interior e presenta as súas inquedanzas. É un dos libros máis lidos da nosa literatura.

Entradas relacionadas: