O Antigo Réxime e os cambios políticos e sociais na Europa moderna

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,44 KB

Antigo Réxime

Sistema político, económico e social hexemónico na Europa moderna, caracterizado respectivamente polo absolutismo, por unha economía de base agraria de subsistencia e por unha sociedade estamental de natureza xurídica. O nome foi dado polos deputados franceses da Asamblea Constituínte en 1790 para denotar o réxime que pretendían eliminar.

Paz de Utrecht

Conxunto de tratados que puxeron fin á Guerra de Sucesión. Só revalidou parcialmente o testamento do último dos Austrias, Carlos II, recoñecendo a legitimidade como rei de España de Felipe V, aínda que a monarquía hispánica perdeu territorios non só en Europa, senón tamén na illa de Menorca e no Península de Gibraltar.

Decretos de Nova Planta

Derrogación dos foros e das institucións de autogoberno dos reinos de Aragón, Valencia, Mallorca e o Principado de Cataluña, promulgada por Felipe V tras a Guerra de Sucesión. A súa aplicación efectiva significou o triunfo do centralismo administrativo sobre a autonomía destes reinos.

Catastro de Ensenada

Registro das propiedades dos veciños de cada vila para a recaudación dun imposto proporcional á riqueza. O seu orixe está no imposto introducido por Felipe V que substituía aos impostos existentes en Cataluña. Na Coroa de Castela intentouse introducir a mediados do século XVIII unha contribución única que substituíra ás anteriores taxas, para o cal se realizou o Catastro do Marqués de la Ensenada.

Motín de Esquilache

Ocorreu en marzo de 1766, baixo o reinado de Carlos III. Basicamente foi a consecuencia do crecente descontento en Madrid pola subida dos prezos do pan e de outros produtos de primeira necesidade, sendo o detonante para que estalara o conflito as medidas relativas a certas prendas de vestir promulgadas por Leopoldo de Gregorio, Marqués de Esquilache, ministro napolitano que o fora de Carlos VII.

Regalismo borbónico

Política relixiosa dos Borbón de supremacía do poder real sobre o relixioso na “Alianza do Altar e do Trono” que caracteriza o absolutismo. Entre as súas consecuencias a expulsión dos xesuítas (1767) tras o Motín de Esquilache no reinado de Carlos III.

Despotismo Ilustrado

É unha variante do absolutismo monárquico que se aplicou en algúns países europeos durante a segunda metade do século XVIII, influída polos filósofos da Ilustración. Intentou adaptar o absolutismo monárquico ás ideas de racionalidade e orde natural da Ilustración. O seu programa resúmese nunha frase: 'Todo para o pobo, pero sen o pobo'.

Abdicación de Bayona

Renuncia ao trono de España de Fernando VII e de Carlos IV a favor de Napoleón na cidade de Bayona o 30 de abril de 1808. Este último a súa vez proclama rei de España ao seu irmán José, que reúne a algúns españois nunhas 'Cortes' que votarán ao novo monarca e logo redactarase a constitución de Bayona.

Pronunciamento

Alzamento militar destinado a derrocar un goberno ou a presionar sobre el. É propio da España do S.XIX e, á diferenza do golpe militar, exprésase politicamente procurando a participación civil; neste sentido, manifesta a debilidade dos grupos políticos. Os primeiros pronunciamentos coñecidos como tales son os de Espoz e Mina en 1814 e Juan Porlier (A Coruña, 1815) que intentan restablecer a Constitución de 1812. Riego en 1820 en Cabezas de San Juan logrará dalo paso ao Trienio Liberal.

Entradas relacionadas: