Antíxenos e anticorpos: función e reacción inmunitaria

Clasificado en Biología

Escrito el en gallego con un tamaño de 1,14 KB

Un antíxeno é toda substancia capaz de desencadear unha resposta inmunitaria. As moléculas que poden actuar como antíxenos son: case todas as proteínas, nucleoproteínas, moitos polisacáridos e lípidos complexos.

Determinante antigénico

O determinante antigénico é a zona á que se unen especificamente os receptores de membrana dos linfocitos e os anticorpos. En antíxenos proteicos adoita estar formado por 4 ou 5 aminoácidos. Poden ser univalentes ou polivalentes.

Opsonización

A opsonización é un proceso biolóxico polo cal os antíxenos son fagocitados máis facilmente por fagocitos se posúen moléculas de anticorpos unidas á súa superficie.

Anticorpos

Os anticorpos, ao recoñecer os antíxenos, únense a eles mediante forzas de Van der Waals. Son producidos polos linfocitos B e diferéncianse en anticorpos de membrana e anticorpos libres.

Hipersensibilidade

A hipersensibilidade é unha reacción excesiva do sistema inmunitario ante a exposición a un antíxeno inocuo ou pouco perigoso. Pode ser inmediata ou retardada, e está mediada por linfocitos T ou anticorpos IgE.

Entradas relacionadas: