Apolo y Dionisos: a dualidade da vida e o nihilismo

Clasificado en Física

Escrito el en gallego con un tamaño de 5,64 KB

Apolo e Dionisos: a dualidade da vida

Apolo e Dionisos son dous símbolos que serven para entender dúas posturas contrapostas ante a vida. Apolo é o deus da luz e da medida. Dionisos, representa o informe e o desmedido; é o deus da noite e dos impulsos sexuais. Son mutuamente necesarios, pois a vida que careza dun dos dous componentes romperíase por completo. Na tradición filosófica europea prevalece sen dúbida unha visión marcadamente racionalista. Na súa crítica á filosofía occidental, Nietzsche reivindicou a necesidade de conciliar ambas tendencias para conseguir equilibrar o que de ambos habita no ser humano.

Nihilismo

É consecuencia da morte de Deus. Os valores tradicionais que durante séculos cobixaron e ofreceron luz ao ser humano, quedaron xa reducidos a cinzas. Existen outros camiños que conducen ao nihilismo, a concepción segundo a cal a historia estaría inevitablemente dirixida cara a unha finalidade determinada. Ao darse conta de que a historia non segue ningún modelo, o ser humano desespérase, ante o cal adopta un forte sentimento nihilista. Tampouco a metafísica lle serve de nada, posto que o máis alá que aquela postulaba quedou reducido á nada.

Sin embargo agora que os nosos criterios de avaliación sufriron un cambio radical parecería quiza que o ser humano se ve avocado a precipitarse polo gran barranco do baleiro. O nihilismo aparece primeiramente en forma pasiva, pero á medida que aparece a transformación radical dos valores, aparece no horizonte unha forma activa de nihilismo, destruíndo definitivamente os criterios de avaliación máis obsoletos. O individuo debe chegar a afirmarse entusiasta e valentemente ante a vida. Entre tanto a humanidade se atopa aínda atrapada nas garras dun nihilismo pasivo, ha de recorrer 4 etapas:

  1. O individuo percátase da decadencia da metafísica, da relixión e da moral, fanse grandes esforzos por mantelos en pé.
  2. Despois deste fatídico intento o individuo fai seus os valores do novo mundo e percátase de que a nova moral é incompatible cos principios do mundo que xa desapareceu.
  3. Nunha seguinte fase o ser humano negase a si mesmo e afloran nel sentimentos de piedade e convértese en definitiva nun ser resentido.
  4. É entón cando ocorre a súa verdadeira transformación e alcanza a fase final do seu proceso de decadencia momento no que se crean novas creencias.

Unha vez alcanzada a transmutación de todos os valores imporase a moral dos vencedores, cada cal actuará segundo a súa vontade, decidindo en cada momento que facer sen subordinarse a ninguén. Proclámase 'a morte de Deus' e calquera cousa quedaría permitida para o ser humano e só ao vencedor ao perseverante ao máis forte lle correspondería a creación de novos valores.

A moral dos escravos/señores

Nietzsche aplicou o método xenealóxico, imbrica entre si psicoloxía e filoloxía para dilucidar as condicións baixo as que surxen e se desenvolven os valores morais. O primeiro resultado do método xenealóxico é o achado de dous tipos de moral: a dos escravos e a dos señores. Nietzsche analizou a orixe dos conceptos do ben e do mal. (Bo=nobre=poderoso=feliz=benquisto por Deus). Nos orixes da cultura o poderoso é o que nomea as cousas e o que impón as definicións necesarias para identificalas. A palabra bo aseméllase a aquilo que teña que ver coa forza, a dominación, o orgullo e o terrible; polo contrario a palabra malo vincula co común, o humilde, o falso e o subxugado. Desde o punto de vista da moral dos señores o ben corresponde coa natureza do guerreiro, o débil é aquel que vive ás costas dos demais. Os débiles e oprimidos conseguiron ao longo da historia vencer á moral dos señores impondo a dos escravos, grazas á axuda das distintas relixións. A moral dos escravos nace do resentimento cara aos señores que representan un tipo de vida superior. A moral dos escravos non nace do amor cara á vida senón do rancor, o odio, a envidia e a impotencia dos escravos. Por iso di Nietzsche que o bo sempre foi o pobre, o tolerante, o humilde, o manso de espírito. Ensalza os valores que fan máis levadeira a vida do ser humano como a solidariedade, o amor e a obediencia. Para que puidese servir de ilustración, Nietzsche enfronta aos eclesiásticos cunha serie de modelos históricos que como Napoleón, César e Federico II representaron sen dúbida a moral chea de prepotencia e de grandeza, dos señores. A moral dos escravos baséase na igualdade, mentres que a dos señores impón xerarquías. A historia da moral baséase sobre todo na loita encarnizada entre esas dúas morais, a dos escravos e a dos señores. Cando o imperio romano rompeu pola forza o territorio de Xudea, o pobo xudeo rebelouse contra o imperio, que máis tarde acabaría sendo absorbido polo cristianismo. Só un home representou na historia de Europa o símbolo do home orgulloso e ambicioso: Napoleón. Entre os instintos que Nietzsche atopa positivamente estimulante estaría a violencia. A crueldade é un componente esencial dos pobos fortes e orgullosos. Sen embargo a moral pretendeu disimular a violencia a través dunha serie de prohibicións.

Crítica á relixión

As distintas relixións postularon unha trascendencia -o máis alá e a existencia de Deus- que segundo Nietzsche subxugou aos seres humanos, cuxas costas tiveron que soportar unha enorme lousa. O vitalismo nietzschesiano propón que o ser humano busque os seus obxectivos e fins vitais dentro de si mesmo sen recorrer a ningunha instancia allea a el. Por conseguinte, o ser carece de xerarquías; non existe nada máis alá deste mundo definido polo tempo e o espazo.

Entradas relacionadas: