Arquitectura de Sistema Operativo: Componentes, Periféricos e Unidades de Medida
Clasificado en Tecnología
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,64 KB
Arquitectura de Sistema Operativo
La informática se define como la disciplina que estuda o tratamento automático da información.
Un ordenador é unha máquina capaz de recibir información e, mediante un conxunto de instrucións que tamén se lle subministran, de procesala para conseguir uns resultados determinados.
O ordenador está formado por un conxunto de compoñentes físicos denominado hardware, así como un conxunto de instrucións necesarias para que estes poidan funcionar que se denomina software.
Periféricos
Denomínanse periféricos tanto ás unidades ou dispositivos a través dos cales a computadora se comunica co mundo exterior, como aos sistemas que almacenan ou arquivan a información, servindo de memoria auxiliar da memoria principal. Clasifícanse en 4 grupos:
Periféricos de entrada
Son aqueles que subministran información á CPU, por exemplo: teclado, rato, escáner, webcam, micrófono…
Periféricos de saída
Son aqueles que subministran información ao exterior, cara ao usuario. Por exemplo: monitor, impresora, altavoces…
Periféricos de entrada / saída
Ten dobre función de subministrar información á CPU e de mostrar aquela que subministra a mesma. Exemplos: modem, pantallas táctiles…
Dispositivos de almacenamento
Son aqueles que almacenan información. Exemplo: Hard Disc(HD), unidade de CD-ROM ou DVD, pen drive, disquetera…
Software
É o conxunto dos programas de cálculo, procedementos, regras, documentación e datos asociados que forman parte das operacións dun ordenador (é dicir, aquilo que non se pode tocar de maneira física).
Software de sistema
É aquel que permite que o hardware funcione. Exemplos: sistemas operativos (Linux, Windows, Unix…)
Software de programación
É o conxunto de ferramentas que permiten ao programador desenvolver programas informáticos.
Software de aplicación
Aquel que permite aos usuarios levar a cabo unha ou varias tarefas específicas cun ordenador. Exemplos: procesadores de texto, paquetes ofimáticos,
Unidades de medida da información
A unidade de información mínima que pode almacenar un ordenador (cero ou un) recibe o nome de bit (binario e díxito).
Sin embargo, esta unidade é moi pequena. Para almacenar un carácter, son necesarios 8 bits. Esta agrupación de bits, denomínase byte.
Algunhas equivalencias importantes:
- 1 kilobyte (Kb ou K9) equivale a 1024 bytes
- 1 megabyte (Mb, ou tamén M) equivale a 1024 Kb.
- 1 gigabyte (Gb ou G), equivale a 1024 Mb
A placa base ou placa nai (en inglés motherboard) é unha tarxeta de circuitos impresos que serve como medio de conexión entre o microprocesador, os circuitos electrónicos de soporte, as ranuras para conectar parte ou toda a RAM do sistema, a ROM e as ranuras especiais (slots) que permiten a conexión de tarxetas adaptadoras adicionais.
Estas tarxetas de expansión adoitan realizar funcións de control de periféricos tales como tarxeta gráfica, tarxeta de son, modem, outros.
Socket
O zócalo (en inglés socket) é unha peza de plástico, que funciona como intermediario entre a placa base e o microprocesador. Posúe na súa superficie plana superior unha matriz de pequenos aguxeiros onde encaixan, sen dificultade, os pines dun microprocesador. Cada familia de microprocesador require un tipo distinto de zócalo, xa que existen diferenzas no número de pines e disposición xeométrica.