Ascenso do totalitarismo en Italia e Alemaña: causas e características

Clasificado en Ciencias sociales

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,73 KB

La crise da democracia en algúns países europeos con pouca tradición parlamentaria pasaron de ter rexímenes democráticos a outros totalitarios antidemocráticos. Un rexime totalitario é o que rexeita os principios da democracia e pretende controlar totalmente á sociedade. Suxeita ter un líder ou xefe, un partido único e usan a violencia e o terror para controlar a posición política e a sociedade. Vamos analizar os casos de Italia e Alemaña, países democráticos que pasaron a rexímenes totalitarios: fascismo italiano e nazismo alemán.


Causas do ascenso das ideoloxías totalitarias

En Alemaña sentíase humillada polo tratado de Versalles e consideraba inaceptables as súas imposicións. Italia, como país vencedor, pensaba que non tivera suficientes recompensas nos tratados de paz. As secuelas da guerra eran manifiestas: crise económica, paro, salarios baixos, inflación, etc. Forte inestabilidade política, por exemplo, en Italia en 3 anos houbo cinco gobernos diferentes e en Alemaña a República de Weimar (novo goberno tras a guerra) era politicamente débil. Tensión social, había movementos revolucionarios de esquerda, folgas, ocupacións de terras, etc., e de extrema dereita: putsch de Munich, marcha sobre Roma... Clima de violencia e de medo entre a poboación.


O fascismo italiano

En 1921, Mussolini creou o Partido Nacional Fascista. Nas eleccións de 1922 obtivo moi poucos deputados. A crise política e social en Italia presionou a Mussolini a organizar a marcha sobre Roma para mostrar a súa forza. A finais de 1922, o rei nomeou a Mussolini xefe de goberno. O novo goberno comezou a recortar dereitos e a perseguir aos opositores políticos. Italia pasou de ser unha democracia a un rexime autoritario. Algúns características da ditadura fascista italiana son: Mussolini asumiu todos os poderes, os partidos políticos foron prohibidos, os sindicatos obreiros e as folgas foron prohibidos, o estado exercía un férreo control da sociedade a través dos medios de comunicación e da educación, concepto moi machista do papel da muller.


O nazismo en Alemaña

Hitler era un soldado alemán que participou nun intento de golpe de estado en Munich. En 1920 ingresou no partido nazi NSDAP e pronto converteuse no seu líder. No seu libro 'Mi Lucha' expón algunhas ideas do partido nazi: desprecio pola democracia parlamentaria, antisemitismo, odio ao comunismo e aos movementos obreiros, superioridade da raza, necesidade de crear un gran imperio (reich) que una a todos os pobos de lingua e cultura alemá. En 1932, o partido nazi conseguiu 13 millóns de votos e Hitler foi nomeado canciller. Para ter maioría absoluta no Parlamento, Hitler convocou novas eleccións en 1933. Na campaña electoral, os nazis incendiaron o Parlamento e acusaron aos comunistas. Hitler aproveitou isto para esixir plenos poderes. En 1934, Hitler proclamouse canciller do 3reich, transformando Alemaña nun rexime totalitario.


A ditadura de Stalin na Unión Soviética

En 1917, produciuse en Rusia unha revolución que transformou o país nun sistema socialista que seguía as ideas do marxismo. Rusia pasou a denominarse URSS e o líder do país foi Lenin. Tras a súa morte, Stalin ocupou o poder e converteu a URSS nunha ditadura moi afastada dos principios de liberdade e igualdade que inspiraron a revolución de 1917. Algúns características son: a propiedade privada estaba prohibida, a economía estaba planificada e dirixida polo estado, programa de intensa industrialización, colectivización da terra, prohibición de partidos políticos, represión contra os inimigos do réxime soviético.

Entradas relacionadas: