Astronomía e Recursos Naturais: Ptolomeo, Copérnico, Galaxias e Residuos
Clasificado en Geografía
Escrito el en gallego con un tamaño de 3,2 KB
Ptolomeo e o Xeocentrismo
A terra no centro e os demáis astros orbitando arredor dela. O sol, a lua e a boveda estelar parecen xirar polo ceo a diario.
Modelo de Ptolomeo
O astrónomo Ptolomeo desenvolveu un sorprendente modelo coa terra no centro e os astros xirando ao redor. Os planetas, con movemento retrogrado, describían ademais da sua órbita arredor da terra, un xiro secundario chamado epiciclo.
Helocentrismo de Copérnico
A astronomía renacentista volveu apoiarse en observacións obxectivas. O astrónomo polaco Copérnico retomou a hipótese de Aristarco de Samos e desenvolveu un modelo do universo heliocéntrico, co sol no centro e os planetas, incluso a terra, xirando arredor.
Galaxias
Son enormes acumulacións de materia nas que hai estrelas, gases, po cósmico e materia escura, unidos gravitacionalmente.
Tipos de Galaxias
Elipticas
Forma de elipse, compostas por estrelas velas. As máis grandes son as xigantes elípticas.Lenticulares
Grupo intermedio entre as elípticas e as espirais. Forma de disco aplanado, cunha concentración de estrelas central e sen brazos.Espirais
Galaxias cun núcleo central de gran densidade estelar e con brazos en forma de espiral onde se están a xerar novas estrelas.Espirais Barradas
Galaxias espirais con brazos, pero o seu núcleo ten a forma dunha banda alongada.Irregulares
Carecen dunha estrutura común, non presentan núcleo e teñen un aspecto caótico. Compostas por estrelas novas e conteñen grandes cantidades de gas e po interestelares.
A Via Láctea
A terra está no interior dunha galaxia espiral barrada. Contén entre 200000 e 400000 millóns de estrelas, cun diámetro medio duns 100000 anos luz.
Recursos Naturais
Recursos Renovables
Recursos que se poden restaurar mediante procesos naturais. Son deste tipo, por exemplo, a luz solar ou o vento.
Recursos Non Renovables
Rexeneranse en procesos xeolóxicos ou fisicoquímicos que duran millóns de anos. Por exemplo, os combustibles fósiles: carbón, petróleo, gas natural e as minerías.
Recursos Potencialmente Renovables
Se rexeneran de forma natural en periodos curtos, pero deben ser consumidos sen superar ese rendemento de renovación.
Chamamoslles sobreexplotacións a extracción do medio dun recurso non renovable ou potencialmente renovable en tal cantidade e velocidade que non ten tempo de rexenerarse.
Residuos
Son obxectos ou materiais que tras o seu uso se desbotan por considerarse inservibles para o seu propósito inicial.
Tipos de Residuos
Residuos Tóxicos e Perigosos
Conteñen substancias prexudiciais en concentracións que representan un risco para a saúde humana, os recursos ou o medio.Residuos Inertes
Non son perigosos a priori e non experimentan transformacións significativas.Segundo a Sua Procedencia
Industriais, agrícolas, mineiros, sanitarios, residuos sólidos urbanos.