Autores e autoras do século XXI: características e influencias

Clasificado en Matemáticas

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,61 KB

Autores e autoras do século XXI:

Generacións que xa se formaron específicamente en teatro. En só dez anos tiveron algunha vinculación co centro de novas tendencias escénicas ou ben co mostra de teatro de autores contemporáneos de Alicante. A través dos seus novos soportes produtivos acceden á posibilidade de seren estreados e traducidos en outros países. Son autores e autoras que en moitos casos comezaron obtendo premios de teatro xoven. As súas obras en xeral estreáronse en salas alternativas que posteriormente conviviron con espazos teatrais de maior formato. É habitual que coñezan a obra dos seus contemporáneos. Dramaturxías moi diferentes, pero sempre novedosas, dentro dunhas dun punto de partida máis clásicas e outras moi experimentais, que representan as últimas tendencias en investigación formal, literaria ou de ruptura na procura do lenguaxe teatral representativo do século XXI en España. Alfredo Marqueríe, Antonio Álamo, Laila Ripoll, José Ramón Fernández, Juan Mayorga, Angélica Lidell, Rodrigo García, María Velasco, José Manuel Mora, Lola Blasco…

Características:

  1. Rigor e risco. Compromiso e claridade de ideas.
  2. Proceden de ámbitos moi variados.
  3. Lectura, reescritura, coñecemento entre eles ou creación colectiva ou a través de talleres de improvisación ou en colaboración con actores ou actrices e compañías.
  4. Asistencia a espectáculos grandiosos en festivais internacionais en España ou en viaxes.
  5. Influencias estranxeiras.
  6. Influencias visuais.
  7. Procesos máis que resultados inmediatos.
  8. Non confían na palabra nin no lenguaxe, ao mesmo tempo que dan unha volta ao mesmo como lugar máxico no que se interve a realidade en contraposición ao teatro visual e físico de anos anteriores.
  9. Preocupación máis polos conceptos que pola literatura.
  10. Textos singulares, inquietantes e perigosos.
  11. Personaxes fóra do seu sitio. Espazo como punto de partida. Lugares estranos, case máxicos.
  12. Cotidianidades cercanas ata crueis, alleas ao coñecido e ao lóxico.
  13. Intentos de sincronizarse coa sociedade mediática.
  14. Escribir teatro por necesidade de comunicar, teatro como lugar de resistencia.
  15. Responsabilidade moral e política. Teatro como arte da comunidade, da memoria e da conciencia.
  16. Diálogo coa tradición e a historia en contraposición co mundo virtual e tecnolóxico.
  17. Teatro como paixón, lugar de estudo e investigación.
  18. Multiculturalidade, incomunicación, fragmentación, solidão e violencia, drogodependencia ou guerra.

Entradas relacionadas: