Autores Clásicos da Literatura Galega: Unha Visión Xeral

Clasificado en Diseño e Ingeniería

Escrito el en gallego con un tamaño de 7,16 KB

Obra de Eduardo Blanco Amor

Narrativa: As tres principais obras desenvólvense en Auria, Ourense, localizadas nas dúas primeiras décadas do século XX. Teñen protagonismo xuvenil e infantil, agás A Esmorga. Amosa preferencia polo narrador subxectivo e interese pola literatura realista.

A Esmorga

É a primeira novela de Eduardo Blanco Amor. Transcorre en escenarios urbanos cunha historia tráxica. Estrutúrase en tres partes:

  1. Un narrador explica como obtivo a información para escribir a historia.
  2. A historia cóntase a través de cinco capítulos que recollen a declaración de Cibrán. Neste interrogatorio reconstrúense as 24 horas de esmorga dos personaxes. Cibrán é o único sobrevivente e, polo tanto, o único acusado.
  3. O narrador autor aparece para contar a morte do principal personaxe, deixando dúbidas sobre as causas.

Os Bisbardos

Son sete relatos breves localizados en Ourense e protagonizados por nenos e adolescentes, situados nas dúas primeiras décadas do século XX.

Xente ao Lonxe

Novela que permite varias lecturas:

  1. Biografía infantil e xuvenil de Suso.
  2. Historia da familia de Suso.
  3. Crónica da sociedade ourensá.

Ten un elevado número de personaxes.

Obra de Álvaro Cunqueiro

Narrativa:

Novelas

  • Merlín e familia: Retoma a figura do mago Merlín, adaptándoa a un tempo presente e a un escenario galego. O libro contén distintas historias independentes que seguen un mesmo esquema: chegada dun visitante ao pazo de Merlín en busca de saberes, exposición do caso ante o mago e resolución do problema mediante a fantasía.
  • Se o vello Sinbad volvese ás illas: Inspirada en As mil e unha noites. Recupera a Sinbad, un vello mariñeiro que rememora as súas aventuras nostalxicamente.
  • As crónicas do sochantre: Situada na Bretaña francesa, está protagonizada por un músico ao que recolle unha carroza con defuntos. Recorrerá con eles o país durante moitos anos e escoitará historias das súas vidas pasadas.

Relatos

Cunqueiro ten tres relatos breves que forman unha triloxía (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes) xa que teñen a mesma temática e estrutura. Son relatos de personaxes reais e imaxinarios, sempre curiosos, que presentan a psicoloxía do home galego.

Obra de Ánxel Fole

Narrativa: Foi o mestre do relato curto.

  • A lus do candil e Terra brava: Ambientados na Galicia rural da alta montaña luguesa. Reflicten os modos de vida daquel tempo e ofrecen información da Galicia rural. Dan a coñecer a cultura espiritual e material. Os relatos están relacionados co medo, o misterio e tamén co humor galego.
  • Contos da néboa e Historias que ninguén cre: Teñen unha ambientación urbana, na cidade de Lugo e vilas próximas. Continúan con temas de medo e misterio como os anteriores.

A súa técnica baséase no conto popular de tradición oral, polo que os relatos producen sensación de oralidade. Tamén utiliza a técnica do conto enmarcado, con personaxes que se xuntan para contar historias. Pretende recoller o galego real con todo o bo e todo o malo, sen esquecerse de nada.

Obra de Xosé Neira Vilas

Este autor destaca pola variedade de técnicas narrativas e a riqueza e calidade do seu léxico. Ten unha ampla obra literaria, que se pode clasificar segundo o espazo (Galicia/América) e segundo o protagonista (infantil/adulto). Ten dous temas principais:

  • Galicia Rural: Nalgúns casos mediante protagonistas infantís ou adolescentes: Memorias dun neno labrego, Cartas a Lolo e Aqueles anos do Moncho. Noutros, protagonistas adultos: Xente no rodicio, A muller de ferro e Querido Tomás. En todas retrata a Galicia campesiña de posguerra.
  • Galicia Emigrante: Camiño bretemoso, Historias de emigrantes, Remuíño de sombras e Tempos Novos. Contan a vida dos emigrantes galegos en América, os problemas de adaptación, o illamento, etc.

Memorias dun neno labrego

Un neno é o protagonista, Balbino. Conta a vida dun rapaz no interior de Galicia, presentando inquedanzas e frustracións. É un dos libros máis fermosos e traducidos.

Obra de Xosé Luís Méndez Ferrín

É un dos fundamentais da literatura galega actual, tanto en poesía como en narrativa. Na narrativa, abrangue contos e novelas. Os primeiros encádranse na Nova Narrativa Galega e amosan a influencia da literatura europea e americana, protagonizados por antihéroes en ambientes sórdidos. A narrativa xira en torno a tres eixes temáticos: a temática fantástica, a exploración do absurdo da existencia humana e o mundo mítico creado polo escritor Tagen Ata.

Obra de Carlos Casares

Autor de contos e novelas, as dúas primeiras na Nova Narrativa Galega. As tres primeiras son de carácter autobiográfico e sitúanse en etapas da súa vida. O resto das obras son dun pasado histórico: narracións lúdicas situadas entre os séculos X e XX. Os escuros soños de Clío, a chegada do cine a unha cidade galega no século XX en Ilustrísima, a investigación dunha morte a principios da Guerra Civil en As mortes daquel verán, a posición dos intelectuais galeguistas durante a época de Franco en Deus sentado nun sillón azul. A derradeira novela é unha historia de amor e morte na que Helena, tras o suicidio de Carlos, rememora os veráns compartidos na nenez en O sol do verán.

Obra de Celso Emilio Ferreiro

Celso Emilio é o poeta máis destacado da súa xeración, recuperando en Galicia a poesía social. As súas tres grandes temáticas son:

  • Poesía intimista: Expresa o desacougo existencial, lembra un tempo pasado e feliz, evoca a nostalxia coa súa terra natal.
  • Poesía social e de carácter reivindicativo: Denuncia as inxustizas sociais, ten compromiso antibelicista e antifascista.
  • Poesía satírica: Denuncia cun ton acedo a mesquindade humana.

Celso Emilio quería ser directo e claro. O soño sulagado é un libro no que se combina poesía intimista e poesía social de carácter reivindicativo. Con Longa noite de pedra, Celso Emilio consagrouse como poeta social. Tivo un grande éxito, porque os seus versos se converteron en bandeira contra Franco, aínda que nese libro predominan os poemas de denuncia e crítica social e intimista. Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir mostran a poesía satírica de Celso Emilio, escrita logo da súa negativa experiencia na emigración en Venezuela, e nelas denuncian aos galegos que son ricos explotando aos seus irmáns, esquecendo a súa orixe.

Obra de Luz Pozo Garza

A súa temática ten dúas liñas principais: a intimista e a comprometida e solidaria.

Entradas relacionadas: