Autores e Obras Clave da Literatura Galega Contemporánea
Clasificado en Diseño e Ingeniería
Escrito el en gallego con un tamaño de 5,47 KB
1. Novelas de Álvaro Cunqueiro
Merlín e Familia
Retoma a figura do mago Merlín no pazo de Miranda, en terras luguesas. A narración está posta en boca de Felipe de Amancia, antigo paxe de Merlín. O libro reúne unha sucesión de historias independentes, aínda que cun mesmo esquema.
As Crónicas do Sochantre
Sitúase na Bretaña francesa, protagonizada por un músico que é recollido por un carro no que van varios defuntos. Irá escoitando historias das súas vidas pasadas.
Se o Vello Simbad Volvese ás Illas
Inspírase nunha historia de As Mil e Unha Noites. Simbad é un vello xa retirado e rememora as súas aventuras como mariñeiro.
2. Narrativa e Técnica de Ánxel Fole
As obras A Lus do Candil e Terra Brava están ambientadas na Galicia rural de alta montaña, concretamente nas terras do Alto Courel e no Val do Sil. Reflicten modos de vida daquel tempo e ofrecen abundante información sobre o mundo rural galego: a paisaxe, a economía, etc.
Os temas dos relatos están relacionados co medo, o misterio e experiencias paranormais, adobiados co humor galego.
Os dous últimos contos, Na Néboa e Historias que Ninguén Cre, sitúanse na cidade de Lugo e nas vilas próximas, e continúan cos temas de medo e misterio.
A técnica narrativa de Fole está baseada no conto popular de tradición oral, na técnica do conto marcado, etc.
3. Temas Principais de Xosé Neira Vilas
A Galicia Rural
Nuns casos, mediante protagonistas infantís ou adolescentes, como en Memorias dun Neno Labrego, Cartas a Selo e Aqueles Anos de Moncho. Noutros, con protagonistas adultos, como en Xente no Rodicio, A Muller de Ferro e Querido Tomás. Retrato da Galicia campesiña caracterizada pola miseria, a opresión, os prexuízos e a dominación política.
A Galicia Emigrante
Obras como Camiño Bretemoso, Historias de Emigrantes, Remuíño de Sombra e Tempo Novo presentan a vida dos inmigrantes galegos en América, os problemas de adaptación ao mundo urbano, a saudade, etc.
Análise de Memorias dun Neno Labrego
Conta desde a óptica do neno protagonista –Balbino– a vida dun rapaz nunha aldea do interior de Galicia e presenta as súas frustracións.
4. Novidades Temáticas da Nova Narrativa Galega
Personaxes anónimos, anormais, violentos, con frecuencia sumidos en estados patolóxicos.
Os mundos do subconsciente (traumas, pesadelos, soños) tomados da psicanálise de Freud.
Expresión do absurdo da existencia.
Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
Fuxida da localización dos espazos narrativos.
5. Integrantes e Características da Nova Narrativa Galega
Integrantes
- Xosé Luís Méndez Ferrín
- Carlos Casares
- María Xosé Queizán
- Xohana Torres
- Mourullo
Características Comúns
- A maioría teñen estudos universitarios.
- Reciben unhas mesmas influencias dos escritores e movementos literarios europeos.
- O compromiso coa lingua galega fai que sexan escritores monolingües.
- O seu compromiso político maniféstase na súa activa participación en partidos (PSG, UPG).
6. Eixes Temáticos de Xosé Luís Méndez Ferrín
A temática fantástica, recreación de personaxes e ambientes da materia de Bretaña.
A exploración do absurdo da existencia humana, a angustia, a violencia individual e institucional.
O mundo mítico creado polo escritor: Tagen Ata (metáfora de Galicia), lugar no que viven, está sometida por Terra Ancha e loita para conseguir a súa independencia.
7. Narrativa de Carlos Casares
As tres primeiras obras son de carácter autobiográfico e sitúanse en tres etapas da súa vida: infancia, adolescencia e mocidade.
As restantes obras ambientanse nun pasado histórico:
- Narracións Lucidas: situadas entre os séculos X e XX.
- Os Escuros Soños de Clio: a chegada do cine a unha cidade galega nos comezos do século XX.
- Ilustrísima: a investigación dunha morte nos comezos da Guerra Civil.
- Os Mortos daquel Verán: a posición dos intelectuais galeguistas durante a Ditadura Franquista.
- Deus Sentado nun Sillón Azul.
8. Obras Destacadas de Celso Emilio Ferreiro
O Soño Sulagado
É un libro no que se combinan a poesía intimista e a poesía de carácter reivindicativo.
Longa Noite de Pedra
Consagración de Celso Emilio como poeta social. Os seus versos convertéronse en bandeira da loita contra a Ditadura Franquista. Algúns poemas foron musicados por Fuxan os Ventos.
Viaxe ao País dos Ananos e Cantigas de Escarnio e Maldicir
Son unha mestura de poesía satírica de Celso Emilio, escritas logo da experiencia na emigración en Venezuela. Neles denuncia os galegos que se fixeron ricos a causa de explotar os seus irmáns.