A Banda Deseñada: Definición, Planos e Recursos

Clasificado en Otras materias

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,6 KB

A Banda Deseñada

A banda deseñada ou cómic é unha narración ilustrada na que se combinan imaxes e texto, é dicir, mestúrase a linguaxe icónica coa linguaxe verbal ou literaria. As imaxes representan as accións dos personaxes e levan a cabo a principal función narrativa. O texto está formado por breves diálogos entre os personaxes e os textos de apoio que dan voz ao narrador. A historia represéntase mediante unha sucesión de viñetas, entre as que pode haber elipse, é dicir, saltos de tempo que omiten sucesos intermedios. A linguaxe do cómic é moi parecida á doutros medios audiovisuais como, por exemplo, o cine ou a TV.

Tipos de Planos na Banda Deseñada

Segundo a proximidade na que se representen os personaxes e os escenarios, existen diferentes tipos de planos:

  • Plano xeral: represéntanse os personaxes e o espazo no que se sitúan.
  • Plano enteiro: represéntanse os personaxes de corpo enteiro.
  • Plano americano: represéntanse os personaxes cortados pola altura dos xeonllos.
  • Plano medio: os personaxes aparecen cortados pola cintura, co obxectivo de centrar a ollada do lector na súa expresión.
  • Primeiro plano: represéntase o rostro dos personaxes.
  • Plano detalle: aparece unha parte dun corpo ou obxecto, co obxecto de centrar nel a atención do lector.

Encadramentos na Banda Deseñada

Segundo o ángulo de visión do debuxante, existen diferentes encadramentos:

  • Normal: acción vista horizontalmente, á altura dos ollos.
  • Picado: a escena vese desde arriba.
  • Contrapicado: a escena vese desde abaixo.

Recursos Extralingüísticos ou Iconográficos

No cómic, empréganse unha serie de recursos extralingüísticos ou iconográficos como:

  • Globos ou bocadillos: expresan as palabras que di un personaxe ou os seus pensamentos.
  • Onomatopeas: representan os ruídos que se escoitan durante o transcurso da acción.
  • Sinais cinéticas ou liñas de movemento: que nos expresan a traxectoria dunha persoa ou obxecto e dan sensación de movemento.
  • Metáforas visuais ou ideogramas: que nos expresan as sensacións ou estado de ánimo dunha personaxe (ver as estrelas=sentir dor).
  • Xestos: reflicten sentimentos ou actitudes dos personaxes (ollos desorbitados=terror).

Entradas relacionadas: