O Bardismo e o Celtismo na Poesía Galega: Pondal e Rosalía
Clasificado en Otras lenguas extranjeras
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,6 KB
O Bardismo en Pondal
O coñecemento dos "Poemas de Ossián", publicados polo escocés James Macpherson como auténticas creacións dun bardo do século III, influíron na orientación da poesía de Pondal. Centrouse na creación dun mundo mítico para asentar o seu ideario galeguista. Ao xeito dos bardos celtas, Pondal eríxese no vate que dirixe e constrúe o seu pobo. A partir dun pasado glorioso, o bardo albisca o camiño do destino colectivo dos galegos e intenta guialos cara un futuro de liberdade, en que prevalezan "os bos e xenerosos" artífices dun futuro solidario e digno, orgullosos do seu, fronte aos "imbéciles e escuros", que renegan da súa historia e da súa terra. O bardo é un líder e guía celta, que tamén é poeta, bohemio, incomprendido e descoidado. O bardismo oponse ao pobo sometido, ás "almas escravas".
O Celtismo
O bardismo está relacionado co celtismo. O tema principal de moitas composicións é a recreación lírica dunha orixe celta e mítica do pobo galego. Para forxar ese pasado glorioso de Galicia, Pondal bota man duns heroes celtas con nomes que toma dos topónimos da súa comarca, Gundar, Brandomil... e dunha mitoloxía capaz de facer renacer nos galegos a conciencia da propia identidade e a recuperación da autoestima colectiva de Galicia como pobo diferenciado. Esta visión do pasado celta de Galicia ten o seu correlato na visión dos historiadores da época e serve para afianzar o ideario galeguista do rexionalismo e do provincialismo.
Un Cravo en Rosalía
Pertence ao libro "Vaguedás", o primeiro (de cinco) de Follas novas. En "Vaguedás" a autora fala das súas vivencias e do seu estado de ánimo, caracterizado polo desacougo e o cansazo existencial, o pesimismo e a melancolía; ademais de reflexionar sobre a escrita feminina e sobre os trazos e contidos da súa obra.
Figuras Retóricas
Repetición, antítese, anáfora, paralelismo sintáctico, contrastes de campos asociativos antitéticos, comparanzas, metáforas, símbolos, epanadiplose (deserto e sempre deserto), aliteración, hipérbole.
A Saudade da Dor
Saudade da dor, a dor forma parte do ser humano e bótase en falta cando non está. O cravo é todo o que a atormenta, a dor que forma parte dela e do ser humano.
Listado de Palabras
A pantasma, a viaxe, a análise, a síndrome, a suor, a dor, a calor, a canle, o fantasma, o diadema, o convite, o interese, a dínamo, a fame, a síndrome, o leite, o mel, o nariz, o sinal, o cárcere, o sangue. / Rufiá, vilá, nugallá, marrá, truá. Comigo