Benito Pérez Galdós e Leopoldo Alas, Clarín: Realismo e crítica social na literatura española do século XIX

Clasificado en Química

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,12 KB

BENITO PEREZ GALDOS.

-Naceu en Canarias pero viveu en Madrid, os seus temas eran propios do realismo, crítica social e política, o seu estilo caracterízase por retratos psicolóxicos, ambientes descritos, diálogos adecuados á situación e á condición social dos personaxes. As súas obras distínguense en tres etapas:

Primeira época:

Obras de gran carga política, os personaxes tradicionais enfrontan aos progresistas. Doña Perfecta, Marianela…

Novelas contemporáneas:

Obras que analizan a realidade social do momento e representan distintas categorías sociais. Ten personaxes complexos. La desheredara, Amigo manso.

Novelas espiritualistas:

Obras centradas nos valores espirituais, con personaxes humildes en ambientes pobres e marginais. Misericordia, Nazarín.

Episodios nacionales: 40 relatos sobre a España do século XIX, protagonizados por personaxes ficticios.

LEOPOLDO ALAS, CLARIN.

-Naceu en Zamora pero viveu en Asturias, os seus temas son a superficialidade, a moral, as contradicións, a relixión e os problemas de conciencia e o entorno da época.

-Clarín emprega unha lingua precisa e actual con magníficas descricións de ambientes e análises psicolóxicos. Escribiu unha novela chamada:

·La regenta: A novela centra en Ana Azores, unha moza casada cun home moito máis vello chamado Víctor Quintanar, este vela como unha filla en vez de esposa. Ana estaba insatisfeita e o seu confesor Don Fermín pas decide a devoción relixiosa ou o amor sensual con Don Álvaro, un sedutor. Ana cae nos seus brazos, Víctor bate en duelo con Don Álvaro e este morre, Ana fai o desprezo a Víctor toda a vida.

O tema central é o adulterio e os problemas de conciencia.

Os personaxes destacados son:

Ø Ana Azores, a regenta: Fillade un aristócrata, casada cun home que non a ama, é envidiada e odiada pola sociedade onde vive.

Ø Don Fermín de Pas: Home ambicioso, que trata de acaparar o poder na xerarquía eclesiástica, ama a Ana pero non o di.

Ø Álvaro Mesia: É un don Juan maduro incapaz de amar sinceramente a Ana

Entradas relacionadas: