A Biblia: unha biblioteca de sabedoría e inspiración divina
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,98 KB
Tema 1: Que é a Biblia
- Non está escrita ao dictado, polo que hai cambios.
- A Biblia non é un libro, é unha biblioteca, xa que ten 73 libros unidos.
- Sagrada Escritura: A palabra de Deus posta por escrito baixo a inspiración do Espírito Santo.
- Inspiración: A graza específica que concede o Espírito Santo para que o autor sagrado poña por escrito o que Deus quere comunicar aos homes.
- Autores: O principal é Deus. Pero hai secundarios ou instrumentais, os hagiógrafos (agio, do grego, significa "os homes Santos"; grafos, de grafía). Exemplo: Moisés, San Pablo...
- Canon bíblico: Catálogo ou lista dos 73 libros que compoñen a Biblia e que a Igrexa Católica considera inspirados.
GRANDES GÉNEROS LITERARIOS:
1º. A historia:
Relata a historia do pobo de Israel, real ou imaginaria, informando de como se viviron os feitos e a súa interpretación ou significado. Exemplo: o libro do Éxodo (camiño), narra episodios que se viviron no século XIII antes de Cristo en Exipto de Moisés (que significa "salvado das augas").
2º. A lei ou xénero lexislativo.
É unha colección de normas e costumes polos que o pobo ao que pertencen se rexeron na súa historia. Exemplo: O libro dos Números.
3º. A profecía.
O profeta diríxese ao pobo como portavoz de Deus, con oráculos ou discursos. Exemplo: Non teñen un libro como tal, pero está o profeta Natán (relacionado co rei David, a historia das ovellas para ver que cometeu un gran pecado) do século X antes de Cristo.
4º. A lírica ou a poesía.
É un xénero poético que expresa o impacto producido ou a vivencia despertada por unha realidade polo espírito do poeta. Exemplo: O rei David é un poeta e escribiu a maioría dos Salmos que hai na Biblia.
5º. A Sabedoría.
É froito da experiencia, a reflexión e do estudo dos sabios, en forma de ditos populares ou sentenzas. Exemplo: O libro dos Proverbios.
6º. A Apocalíptica.
Palabra grega. O seu libro fundamental é o Apocalipse (que significa revelación, e fala do final dos tempos / o futuro que aínda non chegou). É o libro máis completo e último na Biblia.
7º. A Carta.
Hai libros da Biblia que están escritos como cartas. As máis famosas son as de San Pablo. Cartas ou misivas (epístolas) enviadas por alguén a un individuo ou colectivo.
Diversos sentidos da escritura:
- Sentido literal: é o significado das palabras da Biblia baixo a xusta interpretación (o primeiro que teño).
- Sentido espiritual: é o expresado polos textos bíblicos cando se leen baixo a influencia do Espírito Santo e no contexto.
- Sentido pleno: é o sentido máis profundo do texto e descúbrese cando o relacionamos con outros textos da Biblia.