Biografía e obra de Miguel Delibes
Clasificado en Matemáticas
Escrito el en gallego con un tamaño de 6,28 KB
Biografía
Miguel Delibes nace en Valladolid en 1920. Estudou Dereito e Comercio e foi catedrático nesta última. Tamén exerceu de xornalista nun diario de inspiración democrática (El Norte de Castilla) onde chegou a ser director. Estas dúas actividades non frearon a súa carreira de novelista onde acadou a fama internacional. Tamén foi académico desde 1974. Tras gañar o Premio Nadal en 1947 con La sombra del ciprés es alargada, desenvolveu unha gran carreira literaria.
Obras
Temas
En suas obras repítese uns temas de maneira recurrente. Está a contraposición entre a vida sinxela e auténtica do campo, fronte ao progreso incontrolado ou a deshumanización da cidade (El disputado voto del señor Cayo), tamén aparecen ambientes rurais ou provincianos, reflectidos con exactitude, complicidade ou crítica construtiva e tolerante (Diario de un jubilado), busca a autenticidade por parte dunha serie de personaxes principais que deberán seguir un camiño propio fronte aos que queren apartalos del (Cinco horas con Mario, El camino), ademais critica a hipocrisía e as injusticias sociais (Los santos inocentes).
Estilo
En canto ao estilo, as suas obras teñen unha sinxeleza compositiva, utiliza o léxico rancio e anticuado, propio do mundo rural, con termos a punto de desaparecer que contrastan co falar uniforme e impreciso dos xóvenes urbanos, aínda que tamén rendeu tributo aos novos procedementos narrativos con obras como Cinco horas con Mario ou Parábola de un náufrago, aínda que posteriormente volverá aos modos tradicionais.
Obras
La primeira obra que publica Delibes é La sombra del ciprés es alargada que foi Premio Nadal en 1947 é unha novela impregnada dunha inquietude existencial propia do momento. Tras esta primeira obra inicia o seu achegamento cara á realidade rural con a obra El camino (1950) onde se contan as historias que forman a vida cotiá dun pequeno pobo ao norte de Castilla: a noite antes de marchar interno á capital para iniciar o bacharelato, Daniel o Mochuelo pasa revista á súa vida na aldea, presidida polas aventuras en compañía dos seus amigos. A narración xira en torno ao acceso á experiencia: dende a ingenuidade infantil ata o descubrimento paulatino da dura realidade da existencia diaria.
Tras Mi idolatrado hijo Sisí, Diario de un cazador, Diario de un emigrante e La hoja roja, Delibes escribe unha das suas obras máis importantes: Las ratas (1962). Nesta obra desolado cadro da vida dun pobo misérrimo castelán, nesta obra case non hai acción e o desenvolvemento argumental mínimo, como convén á pasividade dun grupo de persoas incapaces de cambiar a súa vida. Ten unha pluralidade de personaxes cos que alternativamente vai identificándose o narrador. Expresase unha visión interiorizada do mundo rural castelán dende a perspectiva dos seus moradores. Na obra trázase unha visión do campo de Castilla afastada da dos escritores da Xeración do 98, na que se resalta a dureza, a secura e a pobreza.
En 1966 aparece unha novela moi importante na súa obra, Cinco horas con Mario. É un soliloquio dunha muller que fala co seu marido a noite en que vela o seu cadáver. A obra é un retrato da mediocridade, convencionalismo e trivialidade da vida burguesa nunha capital de provincia durante os primeiros vinte e cinco anos do franquismo. O catolicismo banal e ultraconservador da muller enfronta á actitude liberal e a preocupación social do seu marido. Formalmente, a novela súmase á experimentación narrativa de mediados dos sesenta.
Logo tivo algunhas obras de non gran importancia Parábola de un náufrago que é unha parodia do vangardismo literario do momento, El príncipe destronado, La guerra de nuestros antepasados e El disputado voto del señor Cayo.
A súa obra máis importante aparece en 1981 Los santos inocentes na que expresa algunhas das suas preocupacións recurrentes (o mundo campesino, a desigualdade social, a explotación dos débiles, o recordo da Guerra Civil, etc.) combina eficazmente o realismo tradicional e a narración de corte vangardista. En Los santos inocentes faise evidente un trazo soterrado de moitas novelas de Delibes: tras o pudor, a delicadeza, a elementalidade ou o lirismo, se agocha unha enorme violencia individual e social.
As suas últimas obras son: Cartas de amor dun sexagenario voluptuoso, 377 A, madera de héroe, Señora de vermello sobre fondo gris e El hereje, onde por primeira vez ensaia o xénero da novela histórica.
Ademais de novela, Delibes cultivou o relato. Destacan títulos como: La partida (1954), Siesta con vento do sur (1957), Viejas historias de Castilla la Vieja (1964), La mortaja (1970). En 2006 publica Viejas historias e contos completos.
Oración composta
1 predicativa
2 activa ou pasiva
3 transitiva (CD) ou intransitiva (sen CD)
4 enunciativa, interrogativa, exhortativa, desiderativa, dubitativa, exclamativa
5 afirmativa ou negativa
Coordinación
copulativa: e, ou, nin
disyuntiva: o, u
adversativa: Pero, senón (que), agora que, só que
explicativas: Ou sexa, é dicir, isto é
distributivas: Ou ben, ou xa
consecutivas: Con que, logo, así que, de forma que.
Subordinadas sustantivas
Enunciativas flexionadas (que), non flexionadas (non que)
Interrogativas indirectas totais (si), parciais (quen, canto...)
Morfología
sustantivo (seres, obxectos, ideas): común/propio, concreto/abstracto, individual/colectivo, contable/non contable, feminino/masculino, singular/plural
Adxectivo (cualidades sustantivo) positivo, comparativo, superlativo
determinante (acompaña ao sustantivo determinándoo) artigos, demostrativos, posesivos, indefinidos, numerais, interrogativos, exclamativos
pronombres (sustitúen ao sustantivo) persoais, posesivos, numerais, indefinidos, interrogativos, exclamativos, relativos
verbo
adverbios (complementan ao verbo, ao adxectivo, ou ao adverbio indican circunstancia) tempo, modo, lugar, negación, afirmación, dúbida, cantidade
preposicións
conxuncións (enlazan palabras ou oracións) e, ou, nin, pero, senón