Os biosbardos eduardo blanco amor resumen

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,16 KB

EDUARDO BLANCO AMOR

Destaca como narrador. A publicación da súa novela 'A esmorga' en foi o punto de partida da narrativa galega e o inicio da novela moderna, e inaugurou o Realismo social
A esmorga é a crónica dos acontecementos vividos por tres personaxes, Cibrán, Bocas e Milhomes, durante un día de esmorga. A acción desenvolvese na cidade de Auria que posúe un valor simbólico. O relato consiste na transcricion de declaracións feitas por Cibran perante un xuiz, cuxas intervencions aparecen recollidas. Esta tecnica narraiva (a tecnica telefonica) implica unha colaboración activa do lector. A obra ten trespartes:
1-O prólogo, chamado Documentación, no que un narrador en 1persoa introduce o relato e comenta como chegou a el a información.
2- A declaración de Cibrán
3- O capítulo final, no que reaparece o primeiro narrador para falar da morte de Cibran.
En 1962 publicou 'Os biosbardos' composto por sete contos protagonizados por personaxes infantis ou adoslescentes, narrados en 1 persoa e ambientados no ourense do s.XX. 
en !972 Xente ao lonxe é a novela máis ambiciosa de Eduardo. É unha novela coral, na que confluen varias voces narrativas e múltiples historias e personaxes que lle achegan ao lector distintas perspectivas da realidade. 
OS PRINCIPAIS AUTORES DO EXILIO
Luis SEOANE
Artista gráfico, pintor e editor, cultivou unha poesía social e combativa que reflicte o seu fondo compromiso con nacionalismo galego de esquerdas. Estilo realista, sen metáforas e uso do verso longo. No seu primeiro libro de poemas (Fardel de eisiliado) denuncia a situación de explotación, marxinación e desararigo na que vive a maior parte da comunidade galega da emigración. En ''Na brétema-Sant-Iago'' pretende recuperar a memoria histórica do pobo galego na procura dun pasado de esplendor para Galicia. En 'As cicatrices' conxuga a reivindicación da historia de Galicia coa denuncia política e social. En 'A maior abondamento' engaed a emigración europea.
XESÚS Manuel LORENZO VARELA
Un dos mellores representantes da literatura galega do exilio, poesía que se caracteriza polo seu lirismo. 'Catro poemas para catro gravados' son poemas sobre María Pita, María Balteira e Roi Xordo que rememora a loita individual e colectiva polas liberdades e reivindica o papel da muller na sociedade.
EMILIO PITA
Obra poetica caracterizada pola súa musicalidade, introduce formas populares e tradicionais, ritmos sinxelos. Destaca a súa visión da natureza e o compromiso político marcado pola Guerra Civil en Jacobusland. Poesía civil con temática referente á guerra e ao exilio en 'Polos camiños do pobo'. 'Cantigas de nenos' introdución de imaxes de grande expresividade e nas que utiliza con mestría a capacidade evocadora da fonética das palabras.

Entradas relacionadas: