Bloques galegos falados.
Clasificado en Otras materias
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,47 KB
Bloque occidental:(occidente da coruña e pontevedra). Comprende 3 areas:
Área fisterrá: Seseo explosivo e cheismo. 2 zonas, xallas (muito),vogal tematica i (colliu, partiu) e Tambre: oi e vogal tematica e (colleu, partiu)
Área bergantiñá: Non ten seseo nin cheismo, ditongacion na 3ªpersoa (moito) e VT i
Área pontevedresa: ausencia de cheismo, diferencia da a. fisterra. 2 zonas:
Subarea Ulla-Umia: con ditongo oi (moito), VT. e na 3ª persoa do pret. (colleu, parteu)
Microsubarea Verdugo-Miño: ditongos ui (muito), oi (noite), distincion da VT. na 3ª (colleu, partiu)
Bloque central: (provincias de lugo e ourense, e tamen franxa interior de pontevedra e a coruña)
Área mindoniense: presenta os pron. nosoutros e vosoutros. VT, e asi que uso de colleu e parteu. Desprazamento acentual das formas verbais:cantábamos, cantábades.
Área lucu-auriense: dieícticos (iste, esta, esto) e o pron. da 3ª persoa il, oposicion da VT. na 3ª persoa (colleu, partiu) e acentuacion etimo (cantabamos, cantabades)
Bloque oriental: (leste das provincias de Lugo e ourense e os galegofalantes de Leon, Zamora e Asturias. Ten a carac. xeral de engadir a terminacion -ín en vez de -iño.
Área Asturiana: manten -L- intervocalico latino(avolo, molín), presenta posesivos (meu, tou, sou, mía, túa, súa. Termina en -íus, -ías(vecius, vecías); artigo el, a, ´l(el molin, l´avolo, a casa) oposicion singular plural no pronome lle/lles, llo/llelo.
Área ancaresa: zona dos ancares leoneses, ten gheada(amigho), vogais nasalizadas(cadea, ua) palatalizacion do a tónico(irmä), cheismo; e demostrativos (estos esos aquelos)
Área zamorana: confusion nos ditongos oi, ou (noite-noute, dous-dois), ausencia de ditongo en muto, truta, ten terminacion -iño fronte a -ín(camiño muíño), pronome persoal lle-le para singular e plural e teismo.