A Busca da Identidade Galega: Análise da Novela de Adrián Solovio

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 3,24 KB

Tema Central: A Busca da Identidade Galega

A busca da propia personalidade por parte do protagonista, que a acadará nas súas raíces galegas.

Argumento: A Viaxe de Adrián Solovio

Adrián Solovio viaxa a Madrid co obxectivo de aprobar o exame que lle daría a cátedra de Filosofía. Non está convencido do seu futuro e decide viaxar a numerosas zonas de Castela. Esta viaxe non soluciona as súas inquedanzas e, en terras de Toledo, recibe a notificación de que o seu tío Bernaldo está a piques de morrer.

Bernaldo, moribundo, pídelle que lle amose certos lugares de Galicia que van describindo un traxecto ata chegar á aldea. Este feito simbólico fai que Adrián comece a sentir apego por Galicia.

Trala morte de don Bernaldo, Adrián realiza unha viaxe por Europa que tiña proxectada con anterioridade. En París coñece á Marquesa de Portocelos, que o acompañará na viaxe europea. En Berlín comprende que a cidade se mantén grazas á tradición. Aquí dáse conta de que Galicia, como Berlín, pode ter a súa personalidade a través da súa cultura e tradición. De seguido decide voltar á aldea e loitar pola súa Terra.

Espazo: Escenarios da Novela e a Súa Simboloxía

Durante a primeira parte da novela, ata o capítulo IX, obsérvase unha alternancia en canto aos distintos lugares nos que transcorre a acción:

  • Os capítulos impares están ambientados nos diversos lugares aos que viaxa Adrián (por exemplo, Madrid, Burgos, Toledo), co fin de atopar a súa propia personalidade e ideoloxía.
  • Os capítulos pares están ambientados en Fontán, describíndonos todo aquilo que sucede na aldea: o pazo, a familia Solovio, etc.

Os capítulos IX e X suceden en Fontán. No capítulo IX, Adrián atópase na aldea por causa da inminente morte do seu tío; e no X anuncia a súa partida a terras europeas.

Dos capítulos XII ao XIII nárrasenos a viaxe europea de Adrián, onde coñece á Marquesa de Portocelos. No capítulo XII, o autor viaxa a Portocelos para describirnos á Marquesa.

O capítulo XIV está ambientado no camiño entre Holanda e Fontán, marcando a volta de Adrián á súa Terra tras por fin entendela e sentirse identificado con ela. Isto último xa se nos relata no capítulo XV, ambientado na súa totalidade en Fontán.

Tempo: Cronoloxía e Estrutura Narrativa

Tempo Histórico

A acción desenvólvese a finais do século XIX.

Tempo Narrativo

En xeral, podemos afirmar que o tempo narrativo da novela é lineal, pois o narrador conta os feitos seguindo a orde cronolóxica na que sucederon.

Sen embargo, nos primeiros oito capítulos esta linealidade non se mantén exactamente así. Como se mencionou no apartado do espazo, os capítulos impares están ambientados naqueles lugares nos que se atopa Adrián por mor das súas viaxes, e os capítulos pares sitúanse en Fontán.

No que atinxe ao tempo nestes oito capítulos, podemos dicir que os capítulos impares son simultáneos aos pares que lles seguen. Así, por exemplo, os capítulos un e dous transcorren ao mesmo tempo, ao igual que o tres e o catro, etc.

Entradas relacionadas: