Cálculo de Potencia Acústica e Tipos de Instalacións de Sonorización

Clasificado en Tecnología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,61 KB

Potencia Acústica Necesaria

A potencia requirida na sonorización dun recinto depende de:

  • Nivel acústico necesario.
  • Volume e características dos materiais da sala a sonorizar.
  • Nivel de ruído de fondo.
  • Rendemento acústico dos altavoces.
  • Rendemento eléctrico da rede de distribución da instalación.

Requisitos de Calidade do Son

  • Relación sinal-ruído: Un sistema de megafonía debe garantir a intelixibilidade das mensaxes emitidas. O nivel de presión sonora debe sobrepasar 10 dB ao nivel de ruído.
  • Desequilibrio no nivel sonoro: Un criterio fundamental que afecta á calidade do son é que o nivel de presión sonora varíe nos distintos puntos do recinto. O desequilibrio debe ser menor a 6 dB.

Tipos de Instalacións

Amplificación e Control Centralizado

O conxunto de amplificadores e o sistema de control de son e as fontes de son están todas nun mesmo sitio. Os altavoces están distribuídos polas diferentes zonas de sonorización da instalación. O control da instalación faise de xeito centralizado na sala de control e non é posible o control local dende cada unha das zonas que forman a instalación.

  • Na distribución en baixa impedancia os altavoces conéctanse directamente aos amplificadores da instalación (este sistema é axeitado cando os altavoces están preto do punto de centralización).
  • No caso contrario empregaremos a instalación en alta impedancia.

Amplificación Centralizada e Control Distribuído

Esta é unha instalación que ten todos os amplificadores nun mesmo punto e permite o control de volume e a activación ou desactivación da fonte de son, individualizada e de maneira local en cada unha das zonas sonorizadas mediante dispositivos de control. En cada un dos locais débense instalar interruptores, módulos de atenuación e módulos de selección de canles para o control da instalación.

Amplificación e Control Distribuídos

O elemento principal é a central de son, que adapta as características de cada unha das sinais que proveñen das fontes de son, para que poidan distribuírse pola liña de distribución da instalación sen que sexan perturbadas por interferencias externas ao seu percorrido.

Instalación Mixta

Combina partes da instalación con amplificación centralizada, pero descentraliza a instalación nas zonas onde é posible. Normalmente, estas instalacións permiten control distribuído.

Entradas relacionadas: