Cantigas de amor e de amigo na literatura galega medieval

Clasificado en Lengua y literatura

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,5 KB

Cantigas de amor

Cantigas de amor: o trobador expresa os seus sentimentos amorosos por unha dona. Código do amor cortés=filosofía amorosa, este código mantén certas regras: a muller aristocrática encarna o papel de señor feudal, o trobador asume o papel de vasalo, a muller podía ser casada ou solteira. Personaxes: muller, namorado, miscradores, as gardas. Temáticas: eloxio da dama, declaración de amor do poeta, reserva da dama, coita de amor. Características estruturais: cantiga de refrán(verso ou conxunto se versos que se repiten de forma regular ao final de cada estrofa)/cantiga de mestria; rima femia(sílaba grave)/rima macho(sílaba aguda). Procedementos formais: dobre(repetición dunha palabra ou grupo de palabras en lugares simétricos)/mordobre(repetición dun mesmo lexema con variación dos sufixos flexivos) Variedades: a pastorela(diálogo entre cabaleiro e pastor-muller virxe)

Cantigas de amigo

Cantigas de amigo: marcas de xénero: voz poética femenina, a palabra amigo, a localización topográfica, a presenza dun repertorio de símbolos naturais, descrición de pequenas escenas da vida cotiá, uso de elementos repetitivos. Temas da cantiga de amigo:a ausencia do amigo(amor desgraciado), amor correspondido. Personaxes:a muller namorada, o amigo, a nai, a amiga confidente. Modalidades xenéricas: as mariñas, as cantigas de romaría, as bailadas, a alba. Recursos formais: PARALELISMO: paralelismo literal(repetición case completa dun verso, introducindo un sinónimo poético, ou completa, cambiando a orde de certos elementos) paralelismo estrutural(repitense as mesmas estruturas sintácticas pero con outras palabras) paralelismo semántico(dase cando unha idea expresada na primeira cobra se repite nas estrofas sucesivas con palabras diferentes) LEIXAPRÉN: é un procedemento que consiste en repetir o segundo verso da primeira estrofa como primeiro verso da terceira.

Lingua oral

Lingua oral: desenvólvese en presencia do emisor e receptor nun mesmo espazo, mensaxes ligadas ao espazo en que se desenvolven, permite interacción dos participantes, acompañase de moitos signos non verbais.

Lingua escrita

Lingua escrita: non é inmediata, compóñense sen a presenza do destinatario, información de xeito máis organizado, sen permanentes.

Entradas relacionadas: