Capas da Terra, Deriva Continental e Riscos Xeolóxicos

Clasificado en Geología

Escrito el en gallego con un tamaño de 2,45 KB

Capas da Terra

1-Criterio xeoquímico

  • Codia: capa sólida e ríxida, formada por minerais e rochas (calcio, sodio). Ten 2 zonas:
    • Continental: 20-70 km de profundidade
    • Oceánica: 5-10 km de profundidade
  • Descontinuidade de Mohorovičić: separa a codia do manto
  • Manto: capa sólida, 82% do volume da terra, composta por rochas que conteñen ferro e minerais ricos en magnesio
  • Descontinuidade de Guttenberg: separa o manto do núcleo
  • Núcleo: 16% do volume da terra, pode superar os 5500 ºC, formado por ferro, níquel, etc.
  • Descontinuidade de Lehmann: separa o núcleo externo do núcleo interno

2-Criterio dinámico

  • Litosfera: codia e parte superior do manto, ata 100km baixo os continentes e 60km baixo os océanos
  • Astenosfera: 100-200km de profundidade
  • Manto inferior: estado físico sólido, 670km de profundidade
  • Núcleo externo: estado físico líquido, dado que o ferro é un condutor eléctrico, ao moverse xera un campo magnético
  • Núcleo interno: capa sólida, ademais de ferro e níquel pode ter ouro, platino e mercurio

O Gradiente xeotérmico: é o aumento da T a medida que profundamos na Terra. O gradiente medio é 1 ºC cada 33m

A Deriva Continental

Continentes unidos (Panxea) rodeado por un gran océano (Panthalasa)

1-Probas proporcionadas por Wegener

  • Probas xeográficas: os bordos dalgúns continentes encaixan
  • Probas xeolóxicas: apréciase unha similitude entre os tipos de rochas
  • Probas paleontolóxicas: organismos idénticos
  • Probas paleoclimáticas: restos de sedimentos de orixe glaciaria da mesma idade (tillitas). Tamén se atoparon xacementos de carbón

Riscos Volcánicos e Sísmicos

1-Os volcáns xeran diversos procesos xeolóxicos perigosos:

  • Coada de lava
  • Caída de piroclastos
  • Emanacións
  • Lahares: avalanchas de materiais volcánicos non consolidados

2-Os movementos sísmicos producen procesos xeolóxicos:

  • Movementos de ladeira
  • Tsunamis

Entradas relacionadas: