Características da empresa como sistema e a súa relación coa sociedade
Clasificado en Medicina y Ciencias de la salud
Escrito el en gallego con un tamaño de 2,92 KB
Neoclásica
Fijan os prezos dos factores de produción e dos produtos, a función da empresa reduce a combinar os factores de produción de modo eficiente, producindo un produto que despois venderá no mercado, e que lle permita obter o máximo beneficio.
Social
A empresa non só debe limitarse a obter o máximo beneficio, senón que tamén debe procurar xustificar a súa existencia na sociedade, é dicir, é necesario que asuma unha responsabilidade social.
Costes de transición
Existen dúas formas de dirixir unha actividade económica:
A través do mercado e da información que proporcionan os seus prezos (a man invisible)
A través da empresa, substituíndo a man invisible do mercado pola man visible do empresario.
A empresa pode evitar costes se en lugar de acudir ao mercado, o fai ela mesma, incorre nos costes de xestión. Exemplo do avogado.
A empresa como sistema
Caracteriza a empresa como se formara en si mesma un sistema, o cal presenta as seguintes características:
Trátase dun sistema aberto, que interactúa cos sistemas máis amplos dos que forma parte.
Na empresa prodúcense sinerxias, o funcionamento do conxunto é superior á suma do funcionamento independente das partes.
A empresa é un conxunto global de elementos interrelacionados entre si, no que calquera influencia sobre un dos seus elementos repercute sobre os demais e sobre o conxunto do sistema.
A empresa é un sistema autorregulable, xa que se se desvía dos seus obxectivos, iníciase un proceso de autocontrol, para adaptarse e manter un equilibrio dinámico co seu entorno.
FCom, FProd, FDis, FFin, FI+